Luns. 20.05.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán suma o seu 8º partido sen perder

Sofan-Foiro gol
Os carballeses celebrando un tanto ante o Boiro-Foto-Luis González
Preferente: O Sofán suma o seu 8º partido sen perder

Sucumbiu todo un Boiro no Carral, o que permite aos de Pablo Torreira sumar o seu 8º partido sen perder. Os carballeses están na 7ª posición da táboa, a apenas 3 puntos do propio cadro da Barbanza, dando conta dunha temporada absolutamente impresionante.

Mentres o Fisterra caía na Grela tras unha gran primeira metade, e conta os días para que rematen as 10 últimas xornadas.

Sofán - Boiro (2-0)

  • Sofán: Brais, Montes, Bandera, Gody, Bece, Dani Pena, Dani García, Pablo Parafita, Fita, Jacobo, Taibo. Tamén: Alex, Iván, Noé, Brais Cancela, Gallego, Montero e Juanjo.
  • Goles: 1-0, m.27: Becerra nun córner; 2-0, m.64: Taibo a pase de Dani Pena.

Sofan e Boiro no Carral

Venceu o Sofán a todo un Boiro, que saía dominador, pero sen claridade en ataque. Tardou en chegar a primeira ocasión, nun erro defensivo dos visitantes que deixaba a Taibo só diante do meta rival pero un defensa mandaba a córner. E aí aparecía Bece, para remachar unha xogada ensaiada que Pablo devolvía ao corazón da área.

O Boiro dominaba máis, pero o Sofán non deixaba ocos no estreito campo do Carral. Seguíu o guión na segunda, cunha SD esperando atrás, ante un Boiro que non era quen de abrir a tea de araña. Un roubo de Eibe, permitía abrir a banda para que Dani Pena centrase atrás e Taibo fixese o segundo. Tanto tranquilizador para os locais, que se sentiu máis cómodo ata o final.

Sofan-Boiro
Foto: Luís González

Victoria - Fisterra (4-0)

  • Fisterra: Cote, Jose, Julito, Juan, Lobelos, Mario, Andrés Vigo, Alex Vázquez, Mario, Luisete, Ibra e Adrián Makaay. Tamén: Isaías, Lois, Gabri, Juan, Aarón e Guille.
  • Goles: 1-0, m.44; 2-0, m.49; 3-0, m.53; 4-0, m.55: de penalti.

SD Fisterra en A Grela

Gran primeira metade do cadro fisterrán que tivo 4-5 ocasións claras para adiantarse, sobre todo un par de accións de Adrián Makaay, pero un tanto ao fío do descanso e outro nada máis saír dos vestarios mataron as boas expectativas dos de Cali despois dunha boa primeira metade.

Os fisterráns protestaron a actuación arbitral na segunda, tras expulsar nos vestiarios ao adestrador fisterrán. En calquera caso, o equipo verde está moito mellor que ao comezo de temporada.

TODAS AS CRÓNICAS DA PREFERENTE

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios