Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán suma a súa terceira vitoria consecutiva

Sofan-Ribadeo-Foto-Luis Gonzalez 2
Imaxe do Sofán-Ribadeo no Carral. Foto-Luís González
Preferente: O Sofán suma a súa terceira vitoria consecutiva

Alegría pola banda de Carballo e tristura por Fisterra. A xornada 12 deparou un doble 3-0, pero con sorte dispar para os nosos. O Sofán sumaba unha nova vitoria (a terceira seguida) das que valen 4 puntos, pois foi contra un rival directo como o Ribadeo, ao que deixa, marcando o descenso, a 4 puntos.

O que non puido sumar e saír do pozo é o Fisterra, pero é que con 10 baixas é complicado competir nesta categoría. Así e todo, e malia contar só con 3 puntos (nin unha vitoria) a salvación está a só 3 partidos, polo que queda un mundo.

Sofán - Ribadeo (3-0)

Sofan-Ribadeo-Foto-Luis Gonzalez3
Capis e colexiados no Sofán-Ribadeo-Foto-Luís González
  • Sofán: Álex López, Iván, Noé, Gody, Bece; Alexandre, Taibo, Fabián, Pablo, Juanjo e Eibe. Tamén: Canedo, Fita, Dani García, Brais e Bandera.
  • Goles: 1-0, m.25: Eibe; 2-0, m.83: Eibe; 3-0, m.84: Fita.

Arrincaba o partido con moito respecto e poucas chegadas ata que nunha diagonal de Becerra, deixa pasar Taibo e entra Eibe para abrir o marcador. Deu un paso adiante o equipo da Mariña que obrigou a Álex López a intervir con 2 grandes paradas para manter a renda ao descanso.

Sentou ben o descanso e nada máis saír Eibe rozou o segundo cunha fermosa volea. Pero o Ribadeo volvía empurrar, e tivo varias ocasións nas que volvía aparecer o mellor do campo: Álex López. O meta local mantivo ao equipo ata que Eibe, xa no treito final, sentenciou nunha contra, para que Fita puxese a guinda.

Sofan-Ribadeo-Foto-Luis Gonzalez
Foto-Luís González

Unión - Fisterra (3-0)

  • Fisterra: Aarón, Lois, Jano, Julito, Lobelos, Juan, Mamadou, Aarón Domínguez, Hibrahim, Islam, Ricardo Coria. Tamén: Diego, Ángel, Martín, Bilal e Guillermo.
  • Goles: 1-0, m.24; 2-0, m.50; 3-0, m.84.

Con moitas baixas, ata 10, chegaba o equipo de Fabián a Rianxo. E aos 10 minutos o exipcio Islam rompía a clavícula. Nada podía saír ben onte, con ata 5 xuvenís na convocatoria que ademais viñan de xogar o sábado… Aguantaron bastante ben o primeiro terzo de partido, pero un erro permitía aos locais meterse por diante. Competiron ata entrada a segunda metade, cando o segundo tanto xa deixou o partido encarrilado. Así e todo, non deixaron de pelexar ata o final os bravos fisterráns.
“Yo no soy mago, 3 con 5 xuvenís non se pode competir con equipos de Preferente”, explicábanos Fabián. “Hai que seguir para adiante para que darlle a volta a isto”, conclúe con esperanza.

Todas as crónicas de Preferente

A táboa en futboldacosta.com

Comentarios