Preferente: Sumando ante o líder
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Recibía ao líder en Ara Solis, e o Fisterra, e os de Juan Porrúa sumaban un punto e merecían os 3.
Porén, non puido o Xallas sumar e facer un favor ademais ao Fisterra na súa pola 5ª praza.
Fisterra - Arteixo (0-0)
- Fisterra: David Bugy, Pablo Vigo, Breixo, Aarón Fdez., Dani, Aarón López, Julián, Capelo, Víctor Casais, Diego Cespón, e Adrián Makaay. Tamén: Lobelos, Richi, Vía, Estévez, Eze e Andrés Vigo.
Partido moi serio e cun gran traballo o que fixeron os de Juan Porrúa ante o líder, noq ue mesmo foron superiores e mereceron os 3 puntos. Por momentos conseguiron encerrar ó Arteixo na súa área con centros laterales e córners sin recompensa.
Os arteixáns apentas tiveron ocasións, se ben un dos protagonistas da tarde foi Bugy ao deter unha pena máxima.
Tamén tivo a vitoria dende os 11 metros Adrián Makaay, pero o meta visitante conseguiu pararlle. Si que foi o mellor do partido Jose Hevia, facendo paradas de gran mérito a remates de Breixo, Víctor ou Aarón.
Así parou o penalti Bugy:
Paradón 🔥🔥 @DavidBugy pic.twitter.com/CWXEXnQadH
— Verolaya (@Verolaya_) February 20, 2022
Xallas - Paiosaco (0-1)
- Xallas: David Freire, Caneda, Julito, Xan Caridad, Brais, Josiño, Colón, Stefan, Borja Gándara, Juan de Celia e Álex Blanco. Tamén: Íker, Adri, Adan, Samiuel e Iván Calvo-.
- Gol: 0-1, m.12: Cristian Quintáns.
Comezaba mal o partido para os de David González, cun erro en defensa aos 10 minutos e, outra vez, ter que remar contra corrente. A partir do minuto 20 os xalleiros asentáronse e dominaron o choque, pero se atoparon cun cadro larachés moi ben situado, que non permitiu ningunha fisura atrás, máis que unha ocasión para os verdes.
Na segunda, os visitantes puideron sentenciar o choque nunha contra pero o marcador mantivo a emoción ata o pitido final.