Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Preferente: O Xallas deixou vivo ás Pontes

Xallas hai un par de xornadas
Unha convocatoria deste curso do cadro xalleiro
Preferente: O Xallas deixou vivo ás Pontes

Segue escapando dos dous puntos de descenso directo o Xallas, pero o empate colleitado polo Xallas non soubo de todo ben, pois os arrastres da 3ª RFEF poden levarse por diante ao 3º de cada grupo. Os de David González fixeron un gran partido no Poboado ante o As Pontes, equipo que ocupa esa codiciada 2ª praza, con só un punto de vantaxe sobre os xalleiros.

Por parte fisterrá, vitoria fisterrá, desas das que facían moita falta para afrontar a recta final desta longa temporada.

Fase de Ascenso, xornada 6

Betanzos - Fisterra (0-1)

  • Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Lobelos, Cea, Breixo, Aarón Fdez., Aarón López, Julián, Víctor Casais, Richi, Adrián Makaay. Tamén: Buguy, Colomboa, Vía, Estévez e Diego Cespón.
  • Goles: 0-1, m.12: Julián.

Partido moi completo a nivel defensivo dos de Juan Porrúa, con xogadores rallando a un gran nivel. A tónica do partido foi a mesma nas 2 partes, cun cadro fisterrán situado nun bloque medio baixo e intentando saír á contra. Souberon aguantar as embestidas do Betanzos e mesmo puideron sentenciar co 0-2 cun man a man de Makaay.

Permanencia D3, xornada 6

As Pontes - Xallas (1-1)

  • Xallas: Iván Couto, Brais, Jose Eiza, Adan, Julito, Jorge Colón, Stefan, Carlos Rieiro, Xan Caridad, Borja, Doro. Tamén: David, Caneda, Alex Blanco, Juan de Selia, Samuel e Iván Calvo.
  • Goles: 0-1, m.7: Carlos Rieiro; 1-1, m.12.

Non chega o empate colleitado no Poboado, nun partido no que o cadro xalleiro foi mellor, con varios balón aos paus (como un Carlos), un man a man de Borja e bastantes chegadas claras. Os locais apenas chegaron e anotaron nunha contra tras un córner en contra, e outro lanzamento que parou Iván Couto.

Pero agora toca seguir pensando na seguinte batalla, contra o Boiro, intratable esta liguilla, que pasa a semana que vén por Fontenla.

Comentarios