Ramiro Amarelle e Fran Soto, con Setién ao Villareal
13:29 26/10/22
A fichaxe de Quique Setién como novo adestrador do Villareal leva aparellada a incoporación de dous costeiros a un staff técnico da 1ª División. Ramiro Amarelle e Fran Soto formarán parte do equipo técnico do cadro amarelo.
O pontecesán, considerado aínda o mellor xogador da historia do Fútbol Praia mundial, e formando xogadores deste deporte por todo o mundo, coincidira co adestrador santanderino na Selección Española.
O herculino Fran Soto, foi xogador e preparador físico do Sporting Zas de Manolo Corredoira, e xa estivo no FC Barcelona e no UD Las Palmas adestrando co míster.