Esta semana chegan os cromos do Álbum da Costa de Fútbol Base!!

Esta semana todos os cromos chegarán a toda a comarca

Chegou a data tan esperada. Levamos semanas recibindo chamadas dos puntos de venta que non dan calmado a ilusión dos peques que pasan todos os días a preguntar se xa chegaron. Pois esta semana é a data!

Ao longo destes días percorreremos a bisbarra cos tesouros de papel. Distribuiremos nos quioscos e librarías da comarca, e faremos pequenas presentacións en varios puntos da Costa, onde invitaremos a todos os clubs e a tod@s os protagonistas do álbum a ser os primeiros en poder coleccionar.

O martes estaremos, pola tarde en Outes e Muros. O mércores toca parada nas Redondas, e reparto pola zona de Bergantiños. O xoves toca parada no Conco (Dumbría) e Fisterra. E o venres pecharemos lanzamento por Vimianzo, a Ponte do Porto e Santa Comba.

Esta semana a ilusión desbordarase por toda a bisbarra!

Información práctica

 

Todas as novidades do Álbum da Costa