Domingo. 26.09.2021
El tiempo

Esta semana chegan os cromos do Álbum da Costa de Fútbol Base!!

Sobres do album de cromos do Futbol da COsta base 2020
Esta semana todos os cromos chegarán a toda a comarca
Esta semana chegan os cromos do Álbum da Costa de Fútbol Base!!

Chegou a data tan esperada. Levamos semanas recibindo chamadas dos puntos de venta que non dan calmado a ilusión dos peques que pasan todos os días a preguntar se xa chegaron. Pois esta semana é a data!

Ao longo destes días percorreremos a bisbarra cos tesouros de papel. Distribuiremos nos quioscos e librarías da comarca, e faremos pequenas presentacións en varios puntos da Costa, onde invitaremos a todos os clubs e a [email protected] os protagonistas do álbum a ser os primeiros en poder coleccionar.

O martes estaremos, pola tarde en Outes e Muros. O mércores toca parada nas Redondas, e reparto pola zona de Bergantiños. O xoves toca parada no Conco (Dumbría) e Fisterra. E o venres pecharemos lanzamento por Vimianzo, a Ponte do Porto e Santa Comba.

Esta semana a ilusión desbordarase por toda a bisbarra!

Información práctica

 

Todas as novidades do Álbum da Costa

comentarios