Mércores. 29.01.2020
El tiempo

Último sprint para o Álbum da Costa, un fito único no fútbol base galego

Último sprint para o Álbum da Costa, un fito único no fútbol base galego

Aquí as tedes, son as portadas dos dous álbumes de cromos do Fútbol Base costeiro que estades a piques de comezar a ver polos quioscos. Gracias á colaboración de La Pitusa e Mariscos Antón, os patrocinadores oficiais, este ano poderemos coleccionarnos a nós mesmos, un luxo que ningunha outra liga do fútbol base galego pode disfrutar. Por algo o Fútbol da Costa é tan especial!

Serán 900 os [email protected] que teñan os seus cromos, e que poidan coñecerse a través desta iniciativa que pretende vertebrar a Costa da Morte a través do deporte. Unha iniciativa que tamén conta coa colaboración de boa parte dos Concellos.

Unha vez rematadas as sesións de fotos, o equipo de Sportcrom (empresa de Vigo que realiza o álbum xunto ao equipo de QPC formado por Alberto Pose, Manuel Varela e Ubaldo Cerqueiro) xa se atopa en modo edición. Os responsables dos clubs están facendo as correspondentes correccións para que non haia erros.

Pronto os máis de 25 puntos de venta, que pronto anunciaremos, e moitos clubs terán os cromos!!

Todas as novidades do Álbum da Costa

Comentarios