![]()
Malas novas para o fútbol costeiro. Seguimos pasos atrás no mundo do fútbol base, e así o demostramos unha e outra vez cando imos ás Fases de Ascenso. Esta semana, despois do
fracaso nos primeiros match balls para os campións, caían en primeira rolda 5 dos 6 equipos en competición, quedando só o Xallas en liza.
O Xallas, adiante
![O Xallas Xuvenil pasou ante o Olimpico]()
O Xallas Xuvenil pasou ante o Olimpico
O xalleiros chegaban a Vilaboa cunha boa vantaxe tralo 4-1 da ida. Empezou o Olímpico, como era de esperar, cunha presión moi alta en busca de recortar canto antes, pero o Xallas estaba moi seguro atrás. Á media hora o capi Rachón engancharía un balón na frontal para facer o 0-1. E case de inmediato unha falta lateral botada por Juanjo, remataríaa de novo Rachón, sentenciando a eliminatoria. Antes do descanso Carlos Dibaio faría o definitivo aproveitando un rexeite e definindo con calidade. A segunda metade foi de puro trámite e os verde terán que superar outras dúas eliminatorias para conseguir un ascenso soñado. A primeira, ante o Calasanz B, empezando na cidade herculina.
Os derrotados
![Cee en Vilalba-Foto-UC Cee]()
O Cee non puido en Vilalba-Foto-UC Cee
Tivo a mel nos beizos o San Lorenzo Xuvenil de Rudi. Chegaban cun 3-5 en contra das Pedreiras, pero os carballeses saíron decididos a remontar en Val do Dubra. E o conseguiron. Puxéronse 1-4 cos tantos de Brais e David antes do descanso, e non se viron abaixo ante o 1-2. De novo David e Brais puñan o 1-4 co que se clasificarían os carballeses, pero un tanto a 20 do final foi demasiada lousa para os vermellos. Un San Lorenzo que, en todo caso, pecha unha temporada espectacular, nesta a súa estrea na categoría.
Nos Cadetes víronse as dúas caras da competición. O Fisterra, máis pendente da
Copa da Costa Cadete, non se presentaba ante un Santiago B que xa goleara en Ara Solis. Pola súa parte, Os Miúdos viron como se lle escapaba unha eliminatoria que tiñan encarrilada co 3-1 da ida. O Eume foi quen de remontar e colocar un 3-0 que deixa fora aos muradáns.
![Cee en Vilalba-Foto-UC Cee 2]()
Boa batalla do Cee en Vilalba-Foto-UC Cee
Xa en infantís, fíxoselle demasiado grande o campo de Vilalba aos
bravos ceenses. O 1-1 da ida deixaba a eliminatoria aberta pero os rapaces do Racing Vilalbés superaron aos nosos, que tamén tiñan a cabeza posta na Copa.
A Copa Infantil
![Cee - Xallas da Copa Infantil-Foto-UC Cee]()
Partidazo entre Cee e Xallas da Copa Infantil-Foto-UC Cee
Xa vimos como foi a
finalísima da Copa da Costa Cadete, decidida aos penales. Tamén na Copa Infantil houbo que tirar de penaltis, na eliminatoria máis igualada. O
Cee, campión de Liga, enfrontábase despois do gran esforzo sabatino en Vilalba, a un gran Xallas. Repetiuse no San Paio de Refoxos o 2-2 da ida, e a lotaría púxolle a cara aos azuis e a cruz as verdes. Así o celebraron os ceenses, que van pola Copa:
https://www.facebook.com/1767496716802856/videos/1915915005294359/
Non o terán doado, pois terán en fronte unha Esteirana que vén arrasando. No outro lado do cadro, Ponteceso e Sofán medirán forzas nestas semis, despois de dúas eliminatorias tremendamente igualadas ante Malpica e Cabana.
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC
- Fotos de José María Suárez