Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O Ponteceso, novo campión da Copa da Costa Xuvenil

O Ponteceso, novo campión da Copa da Costa Xuvenil
O Ponteceso, novo campión da Copa da Costa Xuvenil-Fotos-Jose María Suárez Fermosa tarde de fútbol en Fontenla para acoller a Final da Copa da Costa Xuvenil. UC Cee e SD Ponteceso enfrontábanse nun gran partido. Os pontecesáns chegaban por segundo ano consecutivo, despois de caer o ano pasado ante o potente Xallas. Resarciuse o cadro de Gurita este curso vencendo con xustiza 2-0 ao Cee tras un partido vibrante, que só se decidiu no último cuarto de hora.

Cee - Ponteceso (0-2)

Foto-José María SUárez Cee: Carlos, Borja, Senlle, Hugo, Chema, Castillo, Alex Agulleiro, Jon, Isma, Samu e Isma Márquez. Tamén: xabi, Xavi, Brais Lagoa, Adri, e Pablo. Ponteceso: Damián, Brais Ceán, Luca, Samu, JOrge, Ismail, Eloy, Aarón, Aday e Loureiro. Tamén: Deus, Lucas, Pop, Arturo e Manu Cancela. Goles: 0-1, m.60: Aday; 0-2, m.87: Eloy. Gran ambiente cunhas 400 persoas para a final-Foto-José María Suárez Foto-Jose María Suárez Antes de empezar o choque o s dous equipos recibían o premio como campións da primeira fase dos grupos Norte. Foi un choque intenso, que comezaba con moito respecto e sen grandes chegadas á área. O Ponteceso querñía máis o balón pero o Cee aguantaba moi ben atrás. Así transcorría o primeiro tempo, ata que xa no ecuador da segunda metade, tras unha boa combinación, Aday marcaba o primeiro para os de Gurita. Abríase aí o choque xa que o Carlos Pazos estiraba liñas, pero o Ponteceso non cedía no medio campo, e sentenciaba pouco despois noutra contra por medio de Eloy un dos xogadores máis destacados da categoría, que non fallaba un pase da morte de Ismail. De aí ao final o Cee intentouno pero non puido acortar distancia, e os pontecesánbs fixéronse xustos acrredores desta Copa da Costa Xuvenil 2017. Gran detalle o da Federación Galega de Fútbol este ano, entregando por primeira vez medallas aos xogadores, para que garden un recordo, como protagonistas que son, desta finalísima. O propio presidente da FGF tiña intención de chegar pero non lle foi posible e foi o vicepresidente Juan Villarmisar, xunto co alcalde de Ponteceso, Lois Carballido, os encargados de entregarllas. Agora o fútbol xuvenil queda pendente só na Fase de Ascenso á Liga Galega, na que participarán San Lorenzo Xuvenil e Xallas, repartindo entre os 4 o protagonismo do curso.    

Novas relacionadas

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC
  • Fotos de José María Suárez

Comentarios