O Sofán acada un ascenso histórico á 3ª División

Hai apenas unha década era un equipo que campeaba entre a 3ª e a 2ª das Ligas da Costa. Hoxe, a SD Sofán completou unha década de profesionalización cun histórico ascenso á 3ª División. O equipo da pequena parroquia carballesa demostra o potencial dun proxecto futbolístico ben feito, coidando a base dende o comezo, creando unhas categorías inferiores de primeirísimo nivel, e fomentando o ascenso, pasiño a pasiño, do seu primeiro equipo. Hoxe, un equipo como o Sofán é equipo de categoría nacional, tras superar a todo un Boiro, historia viva do fútbol galego, acompañando ao Noia.
Todo no marco dunha fin de semana histórica para o fútbol carballés, co ascenso das chicas do Bergantiños á 1ª División Galega Feminina, e dos Xuvenís á Liga Nacional. Tres ascenso que se completan co ascenso do Bergantiños á 2ª RFEF.
Preferente, 2ª Fase Grupo Norte, xornada 4
- Resultado: Sofán - Boiro (2-0).
- Sofán: Brais, Viqueira, Cristian, Alexandre, Diego, Juan, Eibe, Fabián, Martín, Paulo e Raúl. Tamén: Sergio, Iván, Canedo, Parafita, Diego, Aye, e Alberto.
- Goles: 1-0, m.62: Raúl; 2-0, m.70: Eibe.
Un Carral ateigado de xente e de máscaras, volveu ser a Bombonera de sempre, para facer sucumbir a todo un Boiro. O partido non se rompeu ata a segunda metade, cando Viqueira e Eibe marcaron os goles que levan aos de Alberto Rodríguez e Cantudo a acadar o soño do ascenso á categoría nacional, algo impensable hai apenas 10 anos.
Crónicas da Preferente
- Preferente: O Sofán fai os deberes e afronta unha final de infarto no Carral.
- Preferente: O Sofán non pasa do empate pero métese na “pomada”.
- A SD dase o primeiro golpe ante o Noia.
- A SD afronta unha histórica Fase de Ascenso á 3ª División arroupado pola afección vermella.
- Preferente: O Sofán pecha a primeira fase como campión.
- Preferente: O Sofán asegura o seu pase á Fase de Ascenso á 3ª RFEF.
- Golpe enriba da mesa da SD.
- Preferente: Vitoria in extremis para manter o liderato.
- Preferente: Doble derrota de Xallas e Sofán.
- O bo partido do Xallas quedou sen premio.
- A SD queda líder en solitario.
- Preferente: 9 de 12 na ponte de Semana Santa.
- Xallas e Sofán volveron aos seus feudos
- Sensacións máxicas, e derrota, na estrea do Sofán.