Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Sofán, Cabana, Xallas e Outes xóganse os títulos das Ligas Xuvenil e Infantil

  • Os resultados das Fases Finais e da Copa da Costa sempre actualizados en www.copadacosta.com.
Imaxe da ida entre Cabana e Sofan xuvenil-Foto-Luis Gonzalez
Imaxe da ida entre Cabana e Sofán xuvenil-Foto-Luís González
Sofán, Cabana, Xallas e Outes xóganse os títulos das Ligas Xuvenil e Infantil

Esta fin de semana decídense os campións das Ligas Infantil e Xuvenil. A Fase final polo título remata coas grandes finais, mentres tamén se van decidindo as primeiras eliminatorias da Copa da Costa.

Xuvenil

O Sofán - Cabana dispútase este sábado ás 17:30h no Carral, no cuarto partido no que se enfrontan esta campaña os dous equipos.

Sofan Xuvenil nas Redondas 2022-Foto-Luis Gonzalez
Sofán nas Redondas 2022-Foto-Luis Gonzalez

O Sofán parte con certa vantaxe despois do 0-1 das Redondas, gracias ao gol de Manu Castro no m.90. O cadro de Barca chega cunha baixa segura, a de Roi, lesionado, e a dúbida de 2 xogadores, Raúl Rod. e o central Iván Fdez., que están en dinámica co primeiro equipo na 3ª RFEF, e xa foron convocados unha decena de partidos. Ademais, hai outros 8 que xa participaron nos adestramentos do equipo de categoría nacional.
Os de Barca seguen invictos no que vai de curso, pero son “conscientes dos puntos fortes do Cabana”. “Os rapaces están supermotivados, enchufados e fisicamente nun pico de forma excelente. Fixemos un parón para desconectar en Semana Santa, pero esta semana os rapaces pediron adestrar 3 días con todo o plantel a tope”, conta Barca despois de celebrar o seu aniversario cunha xornada de pádel.

Cabana Xuvenil 2022 nas Redondas-Foto-Luis Gonzalez
Cabana nas Redondas-Foto-Luís González

O Cabana de Fernando chega ademais con problemas de efectivos, xa que, ademais da sanción de Roi por acumulación de tarxetas, os cadetes que levan axudando ao equipo durante moitas xornadas van de excursión a Madrid. “Pero temos a ilusión de darlle a volta ou polo menos ímolo intentar”, recoñece o adestrador.

Paralelamente se disputa a volta da Previa da #CopadaCosta, con 5 eliminatorias igualadísimas e o Corme cun pé en Cuartos. Os 2 finalistas entrarán en Cuartos a vindeira semana.

Infantís

Xallas Infantil
Xallas Infantil

Pola súa, parte a volta da final infantil, Outes - Xallas, dispútase o domingo ás 11:00h no Cunchido. O Xallas de Eloy parte con vantaxe 4-2 para o equipo verde da ida. “Aínda quedan 80 minutos de xogo, ante un rival que só perdeu o partido do outro día en toda a tempada e ante nen@s que están acostumados a xogar este tipo de partidos en todas as categorías, ano tras ano. Así que espero un partido moi igualado e que se decidirá en pequenos detalles”, explica Eloy. “Pero estamos con moita ilusion, levo 3 anos co grupo, e se gañamos, sería poñerlle a guinda ao pastel, tras anos de traballo. Ao final o tempo corre a noso favor pola vantaxe optida, pero nestes partidos nunca se sabe”.

Outes infantil 1
Outes infantil

Pola súa parte, Fernando García xa era consciente da igualada que ía ser a eliminatoria ante un equipo moi potente na fase de ataque. “Chegamos con todas as gañas do mundo, sabemos que o noso campo é complicado, témolo mamado, e non é tan grande como de Fontenla. Temos moitas esperanzas en poder remontar a eliminatoria”, sinala.

Mentres, a Copa Infantil avanza este sábado coa volta da Previa, que xa ten, ademais de Xallas e Outes, dous cuartofinalistas: O Cerqueda que adiantaba o partido ante o Cabana; e que se enfrontará precisamente ao cadro xalleiro; e o EFM Carnota, que por sorteo evitou a previa e que se enfrontará ao Outes.

Máis info

  • Os resultados das Fases Finais e da Copa da Costa sempre actualizados en www.copadacosta.com.

Novas da Base

Comentarios