xoves. 14.11.2024
El tiempo

A Tribuna FUTFEM: De derbi en derbi, faise o camiño

Dumbria_xallas-Fem 2
Imaxe do derbi entre Dumbría e Xallas-Foto-Vet. Dumbría.
A Tribuna FUTFEM: De derbi en derbi, faise o camiño

As escuadras do Futfem costeiro seguen medrando semana a semana. A quinta xornada desta novidosa e entretida segunda división de Futfem costeiro deixou, a pesar das derrotas, un bo sabor de boca xeral. 

No grupo 2, as tres escuadras norteñas colleitaron sendas derrotas, mais o traballo semanal dos tres equipos segue a mostrar moitos avances. Mentras as pupilas de Curro caían derrotas ante as líderes da competición dando a cara e deixando unha boa imaxe, o Corme facía o mesmo diante dun Carral que mira cara os postos altos da clasificación. Pola súa parte, o Cerqueda quedouse moi preto de rascar un punto no seu desprazamento a Ordes. Ten pinta de que  non tardan en inaugurar o taboleiro de puntos.

Polo sur, a cousa vai de derbis. Ou así é polo menos no caso do Dumbría. Se na semana anterior falabamos dun encontro histórico para o Futfem entre o Cee e o Dumbría, as pupilas de Fran Figueroa recibiron nesta quinta xornada ao Xallas no campo do Conco. Chegaban as de Santa Comba coa vitola de favoritas, xa que contaban as xornadas por vitorias e so encaixaran un gol nestes primeiros 4 envites, mais as pupilas do muradán demostraron moito oficio e foron quen de endosarlle 3 goles as xallesas, que se ben non foron suficientes para facerse coa vitoria, significaron o primeiro pinchazo para un Xallas que ten pinta de acadar cotas importantes neste curso futbolístico. 

Mais, como titulabamos esta crónica, de derbi en derbi vaise facendo o camiño, e o caprichoso calendario pon no seguinte peldaño das dumbriesas un novo derbi costeiro. E, se o derbi de Cee foi especial para as xogadoras do Fisober, este derbi serao sen dúbida para Fran e as varias xogadoras que regresan a un Miraflores que no seu día foi a súa casa, un campo e un equipo, As Miúdas, cos que comezou toda esta revolución do Futfem na Costa. Fran, Ahinoa, Martina e o resto das xogadoras dumbriesas xogarán ás 16h da tarde de hoxe un apaixonante encontro ante as muradanas de Lucho Ferreiro  que veñen nunha racha de 4 vitorias consecutivas, pasando por riba dun mermado Nicrariense na fin de semana pasada, e que terán ante o equipo do seu ex adestrador, unha nova oportunidade de demostrar se serán capaces de pelexar polos postos de privilexio da clasificación.

Oportunidade que deixou escapar o Cee, quen foi incapaz de sacar nada positivo na súa visita a Cacheiras, onde caían por 3 goles a 0 ante o que parece ser o rival a batir neste grupo 4. Nesta fin de semana será o Xallas quen se enfronte ás teenses no que sen dúbida é o partido máis destacado desta quinta xornada. Pola súa parte, o MZ caía tamén por 3 goles diante do Praiña, non sendo quen de prorrogar a festa da fin de semana anterior, mais deixando claro que son cada vez un equipo máis difícil de vencer.

Arranca a sexta xornada en apenas unhas horas, e parece que ven apaixoante. Moita sorte a todas.
Na Liga Promesas, o Cee e o Dumbría levaronse a vitoria nos dous miniderbis costeiros, diante da Escola Luis Calvo Sanz e o Cerqueda, respectivamente. Seis puntos teñen os dous equipos gañadores, tres menos que as carballesas que son líderes da competición, e 3 máis que o Cerqueda.

Na liga de fútbol 7, a nosa escuadra representante acadou a súa segunda vitoria consecutiva, comezando a súa competición no grupo de cabeza. Seguiremos de preto os logros das mozas do Corcubión.

A Tribuna FUTFEM

Máis crónicas do #FUTFEM

Táboa do Gr.2 da 2 Div.- Fem

Táboa do Gr.4 da 2 Div.- Fem

Comentarios