Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Aprétase a parte alta

Seaia e Xallas en Fontenla
Seaia e Xallas en Fontenla
Xuvenís: Aprétase a parte alta

O empate do Outes ante o Cabana apreta e de que xeito a parte alta da táboa. De feito, a día de hoxe case non hai un corte claro ata a 10ª posición pois entre o cadro da Serra e o Cee hai apenas 8 puntos. Destacados, ademais do Outes, está o Soneira, que sufriu para superar ao Cee; O Sofán que volve meterse tras vencer en Ponteceso; e o propio Cabana.
O segundo vagón está formado polo Seaia, que caía ante o Xallas; o Zas, que vencía á Esteirana; Os Miúdos, que goleou ao Camariñas, e o propio cadro xalleiro.

Zas - Esteirana (6-3)

Primeira parte moi igualada na cal os locais aproveitarían as poucas ocasións para colocarse cun enganoso 3-0, cos tantos de Darío (2) e Damián. Pero a Esteirana non baixou os brazos en ningún momento e antes do descanso recurtaban con dous tantos de Farinós (un de penalti). Co 3-2 comezou a segunda, e o Zas deu un paso para retomar o control, e pronto ampliou a renda cos tantos de Isaac, Darío e Eloy. Co 6-1, a Esteirana recurtaba pero xa sen fe.

Soneira - Corme (2-1)

  • Goles: 1-0, m.55: Hugo; 2-0, m.62: Fran Moreira; 2-1, m.86: Alex Mato.

Un dos partidos da xornada, ao que o Soneira se presentaba con numerosas e importantes baixas debido as numerosas lesions e que algun foi convocado co primer equipo. A primeira parte foi algo escasa de ocasións debido a que o Corme esperaba ordenado no seu campo e o Soneira non era quen de transitar rápido. O Corme buscaba contras pero os soneiráns tiveron un par de chegadas por medio de Fran, que estrelo un balón no pau, e de Dylan.

A lesión do meta cormelán Adri Suárez, e o xogador de campo Noel tívose que poñer baixo paus. Soubo aproveitar o soneira, con transicións rápidas e nunha delas Chasko chega a línea de fondo e cede atrás para que Hugo remache a gol. Fran tras un bo centro de Antonio, faría o 2-0 tras un bonito cabezazo que se cola pola escuadra.

Reaccionou o Corme que se botou arriba, apretando o rival e creando ocasión, pero só o 86 foi capaz de recurtar, e se houbo algunha ocasión para o empate, ao final a mellor ocasión era para o Soneira, pois Fran perdoou a sentenza dende os 11 metros.

 

Ponteceso - Sofán (0-3)

  • Ponteceso: Adrián Ordoñez, Adrián Lema, Martín, Roberto, Arturo, David, Pablo, Iván, Raúl, Neira, Champi, Eloy, Víctor, Marco, Samuel e Álvaro.
  • Sofán: Borja (Brais, m.75), Álex V, Simón (Cristian Lema, m.65), Lucas, Esteban, Mateo, Nachete (Alex P., m.70), Aarón, Raúl, Rial (Negro, m.75), Kevin (Diego, m.55).
  • oles: 0-1, m.20: Aarón recolle un mal despexe ao borde da área e a clava; 0-2, m.47: Raúl no man a man co porteiro; 0-3, m.75: Cristian Lema case dende o medio campo

Saíu o Sofán cunha presión moi alta que sorprendeu aos de Lilo, que non sacaban con fluidez o balón. Un erro era aproveitado polo cadro de Nando para abrir o marcado. Mediada a segunda parte o Ponteceso acercábase e gozaba de varias chegadas, entre elas varios córners. Tivo que aparecer Borja para facer un par grandes paradas como unha a unha vaselina de Neira.

O gol, doschamados psicolóxicos, nada máis comezar a segunda metade, foi unha lousa para os locais, que tardaron en repoñerse, pero sen baixar os brazos.

Outes - Cabana (1-1)

  • Outes: Ángel, Rubén (Stefan, m.82), Nico, Perol, Xavi, Jandro (Ángel, m.74), Iván Capelo, Sanchiño, Fran Lires (Fabio, m.54), Roberto, Kevin (Siso, m.87)
  • Cabana: Roberto, Sergio (Iago), Cristian (Brais), David, Dani, Samuel, Javi, Castro, Raúl (Pablo), Simón, Rubén. Tamén: Adrián e Juan.
  • Goles: 1-0, m.20: Alex; 1-1, m.73: Pablo.
Empate xusto nun partido regulín, pero moi equilibrado. O Cabana facía dano con Rubén, pero era Álex o que adiantaba aos locais, que tamén metían perigosos balóns ás costas da defensa cabanesa.

Na segunda deu o Cabana un paso adiante e tras un Pablo empataba tras unha boa xogada a un saque de banda. TIvo Rubén outra pero o colexiado sinalou fóra de xogo.

Malpica - Cee (0-3)

  • Goles: 0-1, m,78: Nico Toba soberbio centro-chut; 0-2, m.83: Alex Castro; 0-3, m.92: Iago Muíño.

Partido igualado ata o m.78, cando o Cee rompeu a igualada. Ata ese momento o choque estaba reñido, con ocasións nas dúas áreas, como as de Orgueira ás que respondeu moi ben o meta ceense.

 

Xallas - Seaia (2-1)

  • Xallas: Fabi, García, Mou, Fabi, Brais; Christian, Nando, Rubén, Espasandín; Calo e Kevin. Tamén xogaron: Amarelle, Brais Gracía, Dani, Vila e Álex.
  • Seaia: Mario, Anxo, Pablo, Samuel, Pereira, Mario, Cristian, Javi, Raúl e Luís. Tamén: Adrián, Román, Hugo, Fabián e Rubén.
  • Goles: 0-1, m.20: Luís; 1-1, m.65: Fabi; 2-1, m.86: Nando.

Partido moi igualado, no que comezaba dominando o cadro de Rupper, pero era o de Esmorís o que pegaba primeiro cun centro chut de Luís. O Xallas chegaba e se xa tivera algunha boa ocasión Christian houbo ocasións para o empate, pero á contra o Seaia tamén facía dano.

Na segunda o xogo fixou máis no medio campo e non houbo tantas ocasións. Unha xogada por banda remataba co empate da man de Fabi, e a 5 do final os malpicáns pedían penalti, que o colexiado non viu, e na segunda xogada un centro chut de Nando colouse para fortuna dos xalleiros.

 

Comentarios