Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Pouco saldo pero boa imaxe dos equipos de fútbol sala feminino da Costa da Morte

Pouco saldo pero boa imaxe dos equipos de fútbol sala feminino da Costa da Morte
Un empate e unha derrota foi o saldo dos equipos do Fisober esta fin de semana nunha tarde sabatina de fútbol sala feminino no Conco, en Dumbría. O equipo B empataba a 1 gol co CFSF O Pino e as maiores caían na casa ante o líder, o Leis Pontevedra por 5-8, ante as que prantarono cara en todo momento. Pola súa parte o FSF Concello de Ponteceso xogaba dous encontros esta fin de semana. caía na casa ante o Sobrado na Liga Provincial por 2-5, e seguen sen sumar neste debut na Liga Provincial tras 10 encontros disputados. Con todo, cómpre apuntar unha grande melloría do equipo Pontecesán que parece que lle empeza a tomar medida a competición, só falta que esa tensión defensiva a manteña os 50 minutos de partido, e seguro que se verá algunha sorpresa no municipal de Ponteceso.

Liga Autonómica

  • Resultado: Fisober C. Vimianzo, 5 - Leis Pontevedra, 8
  • Fisober C. Vimianzo: Paula (p), Elsa, Patri, Ana e Barca. Tamén xogaron: Eva, Alba e Olalla.
  • Leis Pontevedra: Irene, Genma, Yolanda, Natalia e Begoña Tamén xogaron: Andrea, Sandra, Carmen, Nerea, Elena e Raquel
  • Goles: 0-1: Genma; 1-1: Barca; 1-2: Barca; 2-2: Yolanda; 3-2: Eva; 4-2: Barca; 4-3: Begoña; 4-4: Begoña; 4-5: Elena; 4-6: Begoña; 5-6: Ana; 5-7: Carmen; 5-8: Andrea.
Bo partido o xogado polas rapazas do Fisober no Municipal de Dumbria, prantándolle cara ó líder da competición, que viaxaba a Dumbria con xogadoras do equipo de División de prata, sendo unha delas, Begoña, a que decidiría o partido cando mellor estaban as cousas para o equipo vimiancés. Non empezaban ben as rapazas da costa da morte, encaixando un gol nos primeiros 3 minutos, pero repuxeronse e deronlle a volta o marcador con dous goles de Barca, un de falta e outro de penalti, empatarían pronto as xogadoras pontevedresas pero Eva voltaria a por por diante as nosas chegandose ó descanso cun resultado favorable de 3-2. Outro gol de falta de Barca ó inicio da segunda metade darialle unha renda de 2 goles ó Fisober, pero foi aí cando apareceu a xogadora visitante Begoña, que con tres goles e liderando o seu equipo, deronlle a volta o marcador, un gol de Ana puxo de novo ás xogadoras de Chans e Fran no partido pero dous goles máis do equipo do Leis sentenciaron o partido. O equipo A mantense na 11ª posición desta esixente Liga Autonómica con 12 puntos en 11 partidos, con 6 puntos de vantaxe sobre a zona baixa.

Liga Provincial

  • Resultado: Fisober B Concello de Vimianzo, 1- CFSF O Pino, 1
  • Fisober: Eva, Ylenia, Noelia, Mirella e María. Tamén xogaron: Andrea.
  • O Pino: Iria, Bea, Vanesa, Cecilia e Laura. Tamen xogaron: Milagros e Belén.
  • Goles: 1-0 Andrea; 1-1 Laura
Gran empate o conseguido polo filial do Fisober ante O Pino, xa que os dous minutos de empezar o partido a xogadora pontecesan Mirella sufria un golpe fortuito polo que tiña que ser retirada do campo e trasladada ó Hospital Virxe da Xunqueira no que se lle diagnosticou unha rotura de radio na seu brazo esquerdo. A lesión de Mirella supuxo que o equipo vimiancés tivera que xogar todo o partido sin cambios xa que contaba cas baixas de Andrea, Noelia e Lara, polo que o esforzó das xogadoras de Jemisa e Jordi tivo que ser o doble ante un equipo que o avantaxaba na clasificación en dous puntos. A primeira metade remataria con empate a cero goles e xa na segunda, Andrea colocaba por diante o Fisober pero o cansancio fixo mella nas rapazas da costa da morte e a tres minitos para o remate, Laura conseguía o definitivo 1-1.

Ponteceso FSF

O Concello de Ponteceso FSF comezaba as citas desta semana o sábado en Ponteceso ante Sobrado Xuv. Pan. Vázquez, encontro da xornada 10 que finalizou co resultado de 2-5 a favor do equipo visitante.
  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF, 2 - Sobrado Xuv. Pan. Vázquez, 5
  • Concello de Ponteceso FSF: Salomé, Silvia, Iria, Chris e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron Ana, Cris Santos, Sonia, Mónica, Marta, Sabela e Tamara.
  • Sobrado: Laura, María, Patricia, Tamara e Sara (cinco inicial). Tamén xogaron Sandra, Amalia, Lucía, Patricia, e Rosalía.
  • Goles: 0-1 (min. 7) Sandra. 0-2 (min. 15) Sandra. 0-3 (min. 22) María. 1-3 (min. 27) Carmen. 1-4 (min. 43) Amalia. 1-5 (min. 46) Patricia. 2-5 (min. 48) Cris Santos.
Bó partido das xogadoras de Jose Barca e Curro nas que se notou unha gran melloría nestes casi tres meses de competición. As xogadoras de Ponteceso, que lle prantaron cara a un dos mellores equipos da categoría. Na primeira parte foi un contínuo toma e daca entre os dous equipos con ocasións en ámbalas dúas porterías, a diferencia no marcador quedou reflexada polo maior acerto das xogadoras do Sobrado, que materializaron nesta parte 3 das 4 ocasións que tiveron, mentras que o Ponteceso marrou as 5 que dispuxo. Xa despois do descanso, o Concello de Ponteceso adiantou lineas, e na primeira chegada, no min. 2 desta parte, Carmen puxo o 1-3 o culminar un contragolpe ben lebado.. Os seguintes 15 min. foron un quero e non podo do equipo de Ponteceso que tivo contra as cordas a todo un Sobrado (2º clasificado). Despois, dous fallos na transicción defensiva despois de que o equipo da vila de Pondal se votara arriba, fixo que o sobrado marcara nos min. 43 e 46 resolvendo o partido. Nos últimos minutos Cris Santos resolve unha xogada ensaiada nunha falta o borde da área.

Partido atrasado en Ponteceso

No partido atrasado no seu día, por deficiencias no Pabillón  de Meicende, correspondente a la 7ª Xornada da liga Provincial Feminina, que enfrontou ó Manureva Talleres Mundo e ó Concello de Ponteceso, encontro disputado o luns 6 de decembro ás 12:00 horas no Pabillón Municipal de Ponteceso, que finalizou co resultado de 4-0 a favor do equipo local.
  • Resultado: Manureva, 4 - Concello de Ponteceso FSF, 0
  • Concello de Ponteceso: Salomé, Silvia, Sonia, Chris e Marta (cinco inicial). Tamén xogaron Ana, Cris Santos, Mónica, Iria, Sabela e Tamara.
  • Goles: 1-0 (min. 22) Cristina. 2-0 (min. 31) Lucía. 3-0 (min. 35) Cristina. 4-0 (min. 38) Olalla.
A pesar do que reflexa o marcador, moi bo partido defensivo das xogadoras de Ponteceso, que chegaron o descanso cun marcador adverso de 1-0, e despois de aguantar 22 minutos tódalas acometidas das xogadoras Arteixáns, as cales só foron capaces de perforar a portería do equipo de ponteceso nun fallo na salida do balón que deixou a Cristina soa ante Salomé (min. 22). Xa na segunda parte, e co Concello de Ponteceso ven plantado no terreo de xogo, chegou o gol de Lucía despois de varios rechaces dentro da áreo Pontecesán (min.31). Pouco despois, no min.35, a xogadora do Manureva Cristina empalmaría un punteirazo que se colaba por toda a escadra da portería ven defendida por Salomé, sin que esta nada puidera facer. Ó pouco do final o Manureva poñería o definitivo 4-0 nun contragolpe.

Vindeira cita

O partido da vindeira semana na que o Fisober B C. Vimianzo tiña que desplazarse a Sobrado foi aprazado a petición do equipo vimiancés debido as baixas. A próxima semana o Concello de Ponteceso FSF viaxa ata Ordes para enfrontarse ó Fermiordes, no pabillón Municipal de Ordes, posiblemente o sábado 11 . En Liga Autonómica o Fisober C. Vimianzo visitará o Pavillón Oscar Pereiro donde se enfrontará ó Concello de Mos a partir das 20:00h.

Fútbol 11 - Liga Nacional

O Orzán de Barca Toba, Sara Vázquez e Eva Lago caía derrotado ante o Escola de Fútbol Mareo por 1-2 no Municipal da Torre, o gol herculino era anotado pola xogadora muxiana Barca. A vindeira semana rendiran visita o CD La Braña de Xixón.

Máis información

Máis información

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober e do Concello Ponteceso FS.

Comentarios