Venres. 26.04.2024
El tiempo

Primeira e histórica vitoria do Ponteceso FSF

Primeira e histórica vitoria do Ponteceso FSF
Chegou a primeira vitoria para o Concello de Ponteceso FSF na 12ª xornada da liga Provincial Feminina. E chegou no segundo derbi do ano, ante o equipo de Esteiro A Salina Xuventude F.S.F. O vibrante encontro disputado no Pavillón Municipal de Ponteceso, ante unhas 100 persoas, finalizou co resultado de 2-1 a favor do equipo local con dous goles de Martina que serviron para remontar o gol inicial de María. Polo demais, o filial do Fisober tamén gañaba o seu encontro da Liga Provincial por 0-3 ante o Femiordes, e iso que o encontro disputábase pola mañá. Deste xeito as de Jemisa e Luis Alberto Sambad pechan o ano 8º na táboa por diante precisamente do Femiordes e da Salina. Pola súa banda o primeiro equipo do Fisober, o da Liga Autonómica, tamén vencía por 84 ante o Carballiño, e remata este exitoso 2010 na 12ª posición con 17 puntos.

Liga Provincial

Datos do encontro

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF, 3 - A Salina Xuventude, 0.
  • CONCELLO DE PONTECESO F.S.F.- Salomé, Silvia, Cris Santos, Chris e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron Ana, Sonia, Martina, Mónica, Marta, Sabela e Tamara.
  • A SALINA XUVENTUDE F.S.F.- Maruxa, María, Cristina, Mercedes e Leticia (cinco inicial). Tamén xogaron Inés, Mª del Carmen, Alicia e Sandra.
  • Goles: 0-1 (min. 34) María. 1-1 (min. 40) Martina. 2-1 (min. 43) Martina.
Partido moi vibrante o visto na tarde do sábado, no derbi costeiro da Liga Provincial Femenina de Fútbol Sala, no Pabellón Municipal de Ponteceso. Neste partido chegou, por fín, a primeira victoria da tempada do Concello de Ponteceso F.S.F nun moi bo encontro por ámbalas dúas formacións e que se decidíu por dous destellos de calidade da pivote local Martina, que reaparecía despois de tres semanas lesionada. Nos primeiros minutos do partido as dúas formacións saliron bastante ofensivas, aínda que nos primeiros 5 minutos de partido, foi o Ponteceso que levou a batuta, cegando en tres claras ocasións que non foi capaz de materializar, e incluso unha boa xogada ensaiada de corner, que Carmen mandou o poste. A partir de ese momento, A Salina fixose dona do partido adiantando moito as líneas, O equipo local defendíuse case a perfección, e de cando en vez, sacaba algunha contra moi perigosa. Nesta parte, o equipo muradán tivo tres ou catro ocasións de marcar, pero cando non eran as boas paradas de Salomé ou a gran solidez defensiva das Pontecesanas era a falta de acerto das xogadoras de Esteiro nos últimos metros. Empezou a segunda parte cunha tónica parecida a primeira, A Salina subía a apresión a toda a pista e as pontecesás defendíase de maneira inapelable, e a mínima ocasión saían en rápidos contragolpes cegando con moito perigo a portería, moi ben defendida pola muradana Maruxa. Esta tónica mantúvose ata o minuto 34, cando a visitante María, nunca boa xogada de combinación con Mercedes, plantouse diante de Salomé bateandoa por baixo nun dos poucos fallos da defensa local. A partir de este punto cambiaron as tornas, posto que foi agora o Ponteceso o que adiantou as líneas facendo unha forte presión a todo o campo. Froito desa presión no minuto 40 de partido, e despois dun roubo de balón por medio de Carmen, que ela mesma mete un pase en profundide para Martina, que lle gana en velocidade a espalda da súa defensora plantándose soa diente de Maruxa e marcando o empate nunca moi boa definición. Por fin, era capaz o Ponteceso de chegar os minutos finais con posibilidades de gañar, e non o desaproveitou, posto que 3 minutos despois do empate, e a falta de 7 para o final, Carmen nunha boa xogada personal, derixalle o balón outra vez a martina que soa ante a porteira muradana volve a definir nunha boa acción colectiva, levando o delirio as bancadas e ó banquillo local do Municipal de Ponteceso. Nos últimos minutos, A Salina volcouse a polo empate, pero outra vez a moi seria defensa Pontecesana, e as boas intervencións da porteira local Salomé, fixeron que o partido rematara co 2-1 favorable as da Vila de Pondal. Para avaliar esta melloría local, podemos recordar que fai xusto 4 meses, enfrentábanse no mesmo escenario estes mesmos equipos no I Trofeo Concello de Ponteceso cun resultado favorable para A Salina por 2 goles a 9, nunha clarísima vitoria visitante. Despois de estos 4 meses, con moitos e duros entrenos encima, o equipo pontecesán mellorou moitísimo, tanto física, técnica como tácticamente como para ser capaz de estar a altura de este gran equipo muradano, e ser capaz de gañar o partido. Esperemos, que polo potencial visto neste partido, as xogadoras de Jose Barca e Curro sigan con esta traxectoria ascendente e lle poidan dar máis alegrías os seus seguidores.

Vindeira cita

A próximas dúas semanas, producirase un parón navideño na liga, sendo o próximo compromiso do Concello de Ponteceso o día 8 de Xaneiro que viaxa ata Arteixo para enfrontarse ás Espartanas, últimas clasificadas na liga.

Datos do encontro

  • Resultado: Femiordes F.S.F, 0 - Fisober C. Vimianzo "B ", 3
  • Femiordes: Lucía Iglesias, Lucía Noya, Lucía Sanchez, Isabel e Lorena . Tamén xogou: Eva.
  • Fisober C. Vimianzo "B" : Eva, Elsa, Ylenia, María e Noelia . Tamén xogaron : Andrea e Noe.
  • Goles: 0-1: Ylenia; 0-2: Noe; 0-3: Noelia.
Visitaban na maña do domingo o filial do Fisober a pista de Ordes e desfacían a maldición matutina desta tempada onde aínda non conqueriran ningún punto e así poder ofrecerlles unha victoria as súas compañeiras lesionadas Mirella e Lara que se desplazaron ata alí para apoialas. Partido que dominou en todo momento o Fisober e que so as acometidas da rápida xogadora local Lorena levaron algo de preocupación o Fisober. As visitantes Elsa e Noelia tiveron grandes ocasións o comenzo do partido pero non foron quen de batir a porteira local. Foi mediada a primeira metade Ylenia cun gran gol a que desfacía o empate e levaba a tranquilidade o Fisober que seguiu domiñando pero non era quen de conseguir aumentar as diferezas. Con este resultado chegouse o descanso. Case o comenzo da segunda metade foi cando a pequena Noe aproveitaba un balón na area para aumentar as diferenzas. Pouco despois foi Noelia quen dun tiro cruzado poñía o 0-3 no marcador. Con ese resultado o Femiordes tentou presionar un pouco máis arriba, pero non creou excesivo perigo. Fisober adicouse dende este momento a controlar o partido ata o final e tentar buscar algunha contra, pero non foron quen de materializar ningunha chegando o parón de Nadal cunha victoria na primeira das cinco saídas consecutivas que tera que disputar o filial.

Vindeira cita

O próximo encontro sera xa no 2011 o día 8 de Xaneiro rendindo novamente visita desta vez A Salina F.S.F. en Esteiro.

Liga Autonómica

Datos do encontro

  • Resultado: Fisober C. Vimianzo, 8 - Carballiño F.S.F., 4.
  • Fisober C. Vimianzo: Paula (p), Elsa, Patri, Ana e Olalla.Tamén xogaron: Barca, Eva, Andrea e Alba.
  • Carballiño F.S.F. : Sonia (p), Vanessa, Noelia, Anabella e Paula. Tamén xogou: María Jesus (p).
  • Goles: 0-1: Noelia; 1-1 Eva; 2-1 Elsa; 3-1 Patri; 3-2 Eva p.p.; 4-2 Barca; 5-2 Alba; 6-2 Elsa; 7-2 Alba; 8-2 Alba; 8-3 Paula; 8-4 Vanessa.
Sairon frias como a tarde e confiadas as rapazas do Fisober o sábado en Dumbría o que fixo que probablemente fixeran o peor partido da tempada ante un Carballiño antepenúltimo clasificado que chegaba con só o cambio dunha porteira a disputar o partido, pode ser que estas circunstancias influíran no comportamento das rapazas do Fisober. Aínda que dominaron o partido en todo momento non desenrrolaron o gran xogo que viñan amosando nas últimas xornadas. Fruto dunha perda tonta de balón chegou o gol visitante nunha contra levada por Vanessa a mellor xogadora visitante e que amosou a súa inmensa calidade. Parece que esto fixo despertar algo as locais que case nun abrir e pechar de ollos colocaron un tranquilizador 3-1 e fixeron intervir en varias ocasións a porteira Sonia. Pero un gol en propia porta de Eva deixaba o 3-2 o descanso no marcador. No descanso a lesión da porteira local Paula obrigou a colocarse baixo os paus a xogadora de campo Andrea que realizou boas intervencións e non desentonou. Nesta segunda metade Fisober saiu moito máis concentrado e axiña conseguiu unha renda tranquilizadora que fixo que a segunda metade fora prácida para as locais e alonxara a incertidume coa que se chegou o descanso. Chegando o parón de Nadal despois de dúas vitorias consecutivas.

Vindeira cita

O vindeiro encontro disputarano ante O Meigas xa en Xaneiro do 2011 o día 8 de Xaneiro en Brión.

Fútbol Sala - División de Prata

O Poio da muxiana Nuria Paz empataba 1-1 na casa contra o San Juan Bosco de Puertollano.

Fútbol 11 - Liga Nacional

O Orzán de Barca Toba, Eva Lago e Sara Vázquez non disputou partido polo parón de Nadal.

Máis información

Máis información

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober e do Concello Ponteceso FS.

Comentarios