Sábado. 27.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Ponteceso sae da queima pero o Cee continúa queimándose

1ª Autonómica: O Ponteceso sae da queima pero o Cee continúa queimándose
Non puido ser e de novo o Cee caía tras loitar durante todo o partido. Dúas penas máximas botaban por terra o traballo dos de Llanero, que así e todo continúan con opcións de saír do pozo. O que parece que si sae da zona perigosa é o Ponteceso. O sábado, os de Marco realizaban a mellor primeira metade dos últimos anos, e malia que non sentenciaron e acabaron pedindo a hora, as sensacións son cada día mellores.

Atl. Riveira - Cee (2-1)

  • CEE: Parroto, Fiuza, Luis, Rafa, Julio (Serio, min.85), Piquero, Fer, Jorge (Moncho, min.76), Isma, Uri (Carlos, min.56) e Llanero.
  • Goles: 1-0, min.30: de penalti; 1-1, min.50: en propia meta tras un tiro de Isma; 2-1, min.75: de penalti.
  • Lesión: Julio
Mala primeira parte do Cee, que a pesar diso tivo algunha ocasión a tiros desde o borde de LLanero, Piquero, Uri e Isma. As máis claras foron para o Riveira pero se atoparon cun gran Parroto. Pero un penalti claro por mans de Julio á media hora adiantou ao cadro local. Na segunda parte o Cee saíu mellor asentado e buscou máis a portería local. Un tiro de Isma que rebota nun defensa igualaba o choque. Llanero e Isma foron os xogadores máis perigosos do Cee e perdoaron varias ocasións. O Riveira aproveitaba as contras coa velocidade de Lloyd e Espi e nunha desas Espi cae na área e o colexiado sinala o segundo penalti, moi protestado este polo cadro ceense. De aí ao final intentouno o Cee pero non foi posible acadar o empate. O peor a lesion de Julio que pode quedar nunha escordadura de xeonllo; o mellor, a aportación dos recuperados Isma e Llanero.

Ponteceso - Perlío (2-1)

  • PONTECESO: Norberto, Rubén, Fabián, Dani Pallas, Ramón, Tucho (Nando, min.38) (Adrián Porteiro, min.65), Josito, Pablo Vázquez, Carlos Mato, Luisete (Álex, min.75) e Toniño.
  • Goles: 0-1, min.10: golazo sen ángulo dando a mediavolta tras un erro de marcaxe a un saque de banda; 1-1, min.35 : Luisete tras unha falta ensaiada; 2-1, min.65: Luisete de penalti.
  • Lesión: Tucho cun pinchazo forte e Nando.
Acabou sufrindo por mor do resultado, pero apenas temeu polo partido o cadro de Marco. Só un par de ocasións nos últimos minutos que case significan o empate levantaron do banco ao adestrador pontecesán, que viu moi ben ao seu equipo e que considera xusto o resultado ante un equipo que non propuxo nada. I é que o Ponteceso xogou probablemente a mellor primeira metade dos últimos anos, "xogando ao maior estilo Barcelona", de control absoluto, toque-toque e creando ocasións. De feito, o resultado puido ser máis amplo, con 2 postes de Josito e de Luisete. Na segunda foi un partido máis de entrega, pero tamén tivo unha ocasión moi clara de Adrián Porteiro diante do meta rival e outra de Luisete que non serviron para finiquitar o partido.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios