Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Xornada roubada

1ª Autonómica: Xornada roubada

Mala esta xornada 12 para os dous equipos costeiros na 1ª Autonómica. O Cee viu como cando mellor estaba lle expulsaban un home con dous cartóns moi xustos. Máis grave se cabe foi o roubo que sufriu o Ponteceso no Pinguel ante o 2º da táboa, con dúas expulsións e un gol co tempo cumplido en clamoroso fóra de xogo.

Atl. Arteixo - Cee (2-1)

  • Cee: Parroto, Ruben, Luís, Julio, Rafa, Fermin (Jorge, min.70) Fer, Ángel, Tasky, Diego (Piquero, min.65), Nico.
  • Goles: 1-0, min.40: á saída dun córner. 1-1, min.52: Rafa tras un córner; 2-1, min.70.
  • Expulsión: o ceense Luís por doble cartón nos min. 59 e 62.

Non puideron conseguir a segunda vitoria consecutiva os de Llanero, que realizaron un bo partido sobre todo na segunda parta na cal ata a expulsión, de Luís, estaban sendo superiores ao Arteixo.

E iso que o Cee fixo unha mala primeira parte, na que non creou apenas perigo, e se viu superado por un bo Arteixo que mologrou varias ocasións claras por medio de Quin, Zalito e Fran. Na segunda o Cee entrou máis metido no partido e conseguíu empatar por medio de Rafa á saçida dun córner. E cando mellor estaba xogando o Cee ata chegando con perigo, o arbitro expulsou a Luís con dous cartóns moi discutidas en apenas 4 minutos. Xa con 10 o Arteixo volveu a manexar o partido e porse por diante. Nos ultimos minutos apretou o Cee e aínda tivo un par de ocasións para empatar sen rédito.

Ponteceso - Vizoño (0-1)

  • Ponteceso: Diego, Rubén, David, Fabián, Dani Pallas, Carlos Mato, Josito (Pitu, min.65), Mendieta, Nando (Zalo, min.80), Luisete, Toniño.
  • Gol: 0-1, min.91: en máis que posible fóra de xogo.
  • Expulsións: os xogadores locais Toniño no min.75 e Rubén no min.80.

"Roubo no Pinguel" podería ser o título dun partido onde o 2º clasificado levou 3 puntos tras realizar máis un partido de tenis que de fútbol. Non quixo xogar o cadro visitante, que baixaba a defender nos córners cos 11 xogadores metidos na área.

A primeira metade estivo igualada, e o cadro visitante tivo un penalti que parou Diego, e un tiro ao longueiro. Por banda local David Abelenda tivo 2 ocasións de cabeza, e Nando e Luisete tamén puideron poñer por diante aos de Marco. Pero as 2 expulsións faltando 15 e 10 minutos para o final e o gol no min.90 en claro fóra de xogo deixaron sen premio aos pontecesáns.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios