Venres. 10.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Ameixenda dá conta do Lira nunha 3ª que fai afección

3ª Autonómica: O Ameixenda dá conta do Lira nunha 3ª que fai afección
Ameixenda-Lira-Foto-Jorge Parri A Clínica Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica- Coñéce as nosas ofertas en depilación laser

Arrincaron as Semifinais da Promoción de Ascenso 3ª Autonómica. E o fixeron con dous partidos ben diferenciados, un no que o Ameixenda noqueou ao Lira, e outro no que a igualdade foi a protagonista.

Pero que impresionante é o Fútbol da Costa. Preto de 300 persoas enchían Pedra Queimada para ver o choque entre Seaia e Coristanco, demostrando unha vez, como acontece en Vimianzo co Baiñas e o Soneira, por exemplo, o fútbol de abaixo ten máis afección que o das ligas superiores. E non hai máis que comparar as bancadas de 3ª Autonómica e da Preferente, ou as visitas da nosa web.

Xa podedes ver como queda o cadro en www.copadacosta.com, e xa preparan a volta para o 27, un día despois dos Remedios de Lira… Pero antes, este xoves, Copa da Costa, onde volverá á competición, entre outros, un Baíñas que celebraba o título e o ascenso cunha comilona.

Bainas celebrando o titulo

Seaia - Coristanco (1-1)

  • SEAIA: Víctor, Lesi, Javi, Ramón (Medros, min.46), Vilariño, Zala, Dimaga, Parga, Uru, Camilo e Juni (Martínez, min.80).
  • CORISTANCO: Jack, Marquiños, Morientes, Rubio, Facal, Mato, Luís, Mallón (Héctor, min.75), Benítez (Pazos, min.80), Torreira (Gonzalo, min.82) e Toniño (Sergio, min.90).
  • Goles: 0-1, min.15: Facal dende o medio campo coa axuda do porteiro; 1-1, min.60: Medros de penalti.

Impresionante o choque en Pedra Queimada con 300 persoas no campo, para ver un partido igualado e de moita loita. Con moi poucas ocasións por ambos dous bandos, cun Coristanco metido atrás e un Seaia que buscaba algo máis a meta contraria, sobre todo despois de Facal abrise o marcador cun tiro, case despexe, dende o medio campo que collía adiantado ao meta local. Tería o seaia un par de boas ocasións antes do descanso con tiros dende fora da area que non encontraron porta, e mesmo pediron os locais un penalto por mans na área do Coristanco, se ben na segunda tamén houbo un máis que posible penalti en área local.

Si sinalou o colexiado unha pena máxima, protestada polos visitantes, á hora de partido, que Medros non fallou. A partir de aí foi un partido de ida e volta que acabaría en tablas pero que puido acabar en goleada. A mellor ocasión da segunda, para Toniño que non puido batir no man a man a Víctor, que se resarciu así do erro no primeiro gol.

Ameixenda - Lira (5-0)

  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, José Manuel (Grille, min.83), Javichu, Bruno, Samuel, Iván, Jesús (Demetrio, min.70), Bichiño, Borja (Jorge, min.80), Momaño (David, min.50) e Rioliño (Paulino, min.75).
  • LIRA: Andrés, Joserra, Herminio, Josiño (Víctor), Brea, Álex (Demetrio), Cristian, Adrián (Iago), Óliver (Michelón), Suso Perico e Manu.
  • Goles: 1-0, min.5: Jesús de penalti; 2-0, min.15: Borja de xogada individual; 3-0, min.35: Iván nunha gran xogada combinada; 4-0, min.50: Iván tras un córner; 5-0, min.92: Jorge nunha contra.
  • Expulsión: O local Óscar Riolo e o visitante Suso Perico no min.60.

Non apareceu, non se lle viu ao Lira no San Paio de Refoxos. No partido máis importante do ano os lirachos non estiveron sobre o campo e non loitaron unha vitoria que se puña, ben é certo, moi cedo de cara para os locais. E iso que a primeira ocasión foi para os lirachos, pero na seguinte xogada, Jesús marcaba de penalti aos 5 minutos e Borja, en fermosa xogada individual, facía o segundo ao cuarto de hora. Estaba desfacendo o Ameixenda a un Lira que aínda non espertaba, ante un Ameixenda que estaba facendo un dos seus mellores partidos.

Así e todo, Joserra tivo o empate, na xogada antes do 2-0, pero Óscar Riolo fixo un paradón que valeu medio partido. O teceiro gol, á media hora, case que sentenciou o choque, e o Lira, no canto de aguantar e tratar de meter un goliño que o meta na eliminatoria, se deixou levar.

Pero ollo, que o Lira é capaz de moito, mesmo despois dunha festa como a dos Remedios, e este ano xa avisou pois endosoulle 7 ao cadro ceense na Liga.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios