Venres. 10.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Dura loita por entrar entre os 6 primeiros

3ª Autonómica: Dura loita por entrar entre os 6 primeiros
O Cerqueda será un dos que loite por entrar na Fase de Ascenso- Foto- David Nión

Igual que na 2ª Autonómica, o temporal Gong só obrigou a suspender un partido, desta volta o Alcaián-Camelle.
Por arriba, Porteño e Indepediente seguen man a man. Onte, ningún era quen de sumar os 3 puntos e ambos asinaron sendos empates. O líder, ante o Nantón, nunha desapacible noite dominical no Hermanas Patiño; e o segundo, o IDC, en Cerqueda ante un equipo moi serio que é dos que teñen máis preto asegurar entrar na fase.

I é que precisamente esa loita por entrar entre os 6 primeiros, esas 3 prazas que quedan, focalizan a atención da 3ª da Costa. O Soneira B daba un paso firme ao vencer ao Ameixenda, ao que alonxa a 7 puntos. Descansaba o Muxía nesta xornada 19, e aínda así mantén esa loitada 6ª prazacon 26 puntos. Os memos que o Laxe, que vén en liña claramente ascendente, e a 2 queda o Baíñas, que xa vai madurando e que dará que falar nesta segunda volta.

Cerqueda - Indep. Carballo (1-1)

  • CERQUEDA: Oscar, Bastón, Pablo, Javi, Javi Pazos, Manu, Dani, Lorenzo (Juanjo, min.75), Dieguito, Dani Seaia, Moisés (Iván Ponte, min.86).
  • IDC: Noe, Scott (Seo, min.49), Castro, Efrén (Joni, min.60), Carlos, Míchel (Moreno, min.50), Cholo, Benítez (Jorge Pichel, min.46), Ivi (Dani Rosalia, min.80), Juni e Mario.
  • Goles: 0-1, min.75: Cholo; 1-1, min.93: Javi.
  • Expulsión: oa visitantea Castro no min.50 e Cholo no final.

Xusto empate para o visto en Xaviña, nun partido moi bronco no que se cadra un 0-0 sería máis xusto. Moito respecto, moita brega e poucas ocasións, e poucas falicidadas atrás. Partido sen dominio claro, cos carballeses buscando as contras e xogadas a balón parado, pero as defensas estaba moi serias e non deixaban nunca superioridade aos dianteiros.

Na primeira Dieguito tivo a única ocasión local pero o seu tirou robotou nun defensa e saíu fóra. Os de Da Silva tiveron un par de ocasións, pero Ivi fallou só diante do porteiro nunha contra quedaron 3 contra o porteiro pero non estiveron rápidos.
Marcou Cholo falntando 15 minutos e xa no desconto, Javi empatou tras unha xogada de rexeites. Ao final, co empate houbo unha pequena tangana, pero o colexiado, moi ben en todo o partido, soubo controlar a situación.


Porteño - Nantón (0-0)

  • PORTEÑO: Pablo, Óscar (Gabi, min.80), Cousillas (Iago, min.55), Sestayo, Maikol, Asier, Ismael (Brais, min.70), Nené (Bua, min.70), David Toja, Yuyo, Bieito (Matio Toja, min.46).
  • NANTÓN: Bonano, David, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Iván, Rubén, Luís, Dani Costa, Cachi Dani, min.75).

Tarde desapacible en Camariñas, xa de noite cun choque condidiconado polo vento e polo frío, onde mesmo a escuma do mar chegaba ao Hermanas Patiño case en forma de neve... Foi un partido soso, sen moitas ocasións, moito xogo no medio campo, e sen un dominador claro.

Intentouno o Porteño nos primeiros 20 minutos, pero non entrou unha das poucas chegadas con perigo dos locais, na que Bieito tirou, parou Bonano e o rexeite, con Bonano batido, mandouno fóra. O Nantón, moi firme e moi xunto atrás, e moi forte en cada choque, tivo algunha boa ocasión á contra. Dani Costa mandou ao longueiro antes do descanso, e na segunda, Luís quedou só diante do porteiro pero a vaselina saíu rozando o pao.

Na segunda, xa cos dous equipos desexando que acabase o partido, intentouno Gerpe con 3 defensas nos últimos minutos, pero nin nova vitoria nin a primeira derrota para o líder.


Xaviña - Lira (5-3)

  • XAVIÑA: Lalá (Moro, min.46), Chiriví, Esteban, Juan Antonio, Rodrigo, Martelo (Gallego, min.85), Pirucho (Pekenao, min.65), Gatusso, Felipe, Korreos (Elvis, min.80), Pión (Beto, min.40).
  • LIRA: Pelexo, Santi (Michelón, min.75), Isma, Fran de Muros, Mauro (Manolo de Abelleira, min.65), Óscar, Fran Perico, Germán, Suso Patachín, Suso Perico, Saúl (Abel, min.55).
  • Goles: 0-1, min.10: Suso Perico cun golazo levando a todos os que se metían por diante dende o medio; 1-1, min.13: Felipe; 2-1, min.15: David; 2-2, min.17: en propia ao saque dunha falta; 3-2, min.20: Felipe tras unha posible falta en ataque; 3-3, min.44: Suso Perico de falta lambendo o pao; 4-3, min.60: Felipe; 5-3, min.80: Pirucho.
  • Expulsión: Fran Perico no min.50.

Moito vento no Hermanas Patiño para unha vitoria do Xaviña ante un Lira que xogaba o primeiro partido sen Caluso. E cambiou a actitude o Lira, mentres soa Manín para o banco, con Javier no banco, ex do Pereiriña, e xogador do Corcubión de Veteranos, que fará de míster polo momento, e que tivo que facer encaixe de bolillos para facer a aliñación. De novo aparecía o Lira sen porteiro, con Pelexo baixo paos, e algún medio lesionado da partida.

Foi un partido intenso, de tolos, con 5 goles nos primeiros 20 minutos. Suso Perico empataba de falta xa no desconto da primeira metade, non sen antes mandar Esteban un balón ao pao que puido significar o 4-2. Comezaba a segunda metade co 4º dos locais, pero o Lira, malia quedar con 10, intentouno con moita máis rabia do habitual, e aínda estivo preto do empate por medio de Germán e Suso Perico, que reclamou penalti. Pero do 4-4 pasouse ao 5-3, e cando máis dominaba o Lira, unha contra de Pirucho sentenciaba o partido para os locais.

Coristanco - Baíñas (1-1)

  • CORISTANCO: Fredi, Héctor, Rubén, Navarro, Cristian (Cancela, min.46), Iván, García (Damián, min.70), Marcos, Torreira, Gonzalo (Magovi, min.60), Jonathan.
  • BAÍÑAS: Damián, Simón (Samuel, min.60), Sancho, Luís, Héctor, Iván (Diego, min.55), Cris, Esteban, Fernando (Víctor, min.75), Taski, Yanki.
  • Goles: 1-0, min.30: Gonzalo tras un barullo cheo de despropósitos dentro da área de cabeza case dende o chan; 1-1, min.55: Yanki tras un saque de porta que tragaron os defensas.

Partido vistoso en Coristanco que puido caer para os dous bandos e quedou en empate. Saí ben o cadro de Pato, que pouco a pouco vai mellorando e xa leva varios partidos sen perder, máis maduro e cometendo menos erros, demostrando que loitará polas 6 prazas ata o final. Tivo 20 bos minutos ao principio pero Fredi estivo fino e parou tiro libre de Luís, e un defensa salvou un remate de cabeza de Tasky.

A partir de aí fíxose o Coristanco co medio campo e entraba facendo dano. Chegou o gol de Germán e un par de boas ocasións, pero García, que xa fallara un tiro dentro da área, marrou a bocaxarro. Jonathan puido facer o 2-0 tras un bo pase de Marcos, pero non sentenciou e o Baíñas volveuse meter no partido. Yanki e Tasky facían dano con balóns longos, e nunha desas, a defensa tragou un saque de porta e Yanki marcou o empate.

De aí ao final, o partido puido caer para calquera lado, e se os dianteiros verdes tiveron o gol da vitoria, Magovi tamén marrou un man a man á contra. Ao final, empate.


Laxe - Castrelo (4-0)

  • LAXE: Diego, Saleta, Jacinto, Adrián, Pailos, Gora, Borja, Ventura (Samuel, min.46), Felipe (Darío, min.75), Roi (Zurich, min.46), Mandi (López, min.80).
  • CASTRELO: Iván, Mario, Estebo, Gustavo, Marcos, Conexo, David, Diego, Edreira, Litos, Germán.
  • Goles: 1-0, min.15: Gora tras un córner axudado polo vento; 2-0, min.55: Zurich; 3-0, min.65: Saleta; 4-0, min.80: Samuel.

Condicionou o vento, sempre de lateral no Cabo da area, sobre todo a primeira metade. Unha primeira metade bastante igualada, na que o vento facilitou o primeiro gol asinado por Gora, o medio centro laxense que serviu de revulsivo no ecuador da primeira metade. O Castrelo, moi mellorado con respecto á primeira metade, aguantaba as embestidas de Felipe, que marraba 3 boas ocasións.

Intentouno o Castrelo á volta dos vestiarios, cun balón ao pao de Litos, e un par de chegadas de Germán. Pero o tempraneiro gol de Zurich fixo que os vimianceses baixaran os brazos. Ademais o físico baixou do bando visitante, que chegaba só con 11 xogadores, e se deixou levar.


Soneira B - Ameixenda (5-1)

  • SONEIRA B: Chans, Chuchi, Alberto, Curra, Canosa, Roi (Pichón, min.60), Quilmes (Fernando, min.80), Richi (Chino, min.75), Félix (Borja, min.75), Wii.
  • AMEIXENDA: Sergo, Grille (Álvaro, in.80), Demetrio (Manuel, min.55), Alex, Mateo, Alberto, Jorge (Javichu, min.55), Javier, Riolo, Borja (Rodrigo, min.72), Ramiro.
  • Goles: 1-0, min.35: Richi; 2-0, min.40: Wii; 3-0, min.50: Wii; 3-1, min.65: Alex de penalti; 4-0, min.60: Richi; 5-0, min.75: Richi.

Recuperou o bo xogo o Soneira B do comezo da tempada ante un Ameixenda que parece ir a menos. E iso que os ceenses aguantaron moi ben a primeira media hora, tendo Borja varias ocasións para abrir o marcador, mesmo unha xogada que pegou no pao.

Claves foron os dous goles en 5 minutos ao fío do descanso, cando Richi e Wii romperon o partido. Os de José Ángel, con máis intensidade e menos ansiedade, disfrutaron dunha cómoda segunda metade, e xa pensan en endosar a primeira derrota ao Porteño a semana que vén.


Máis información


Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios