mércores. 30.04.2025
El tiempo

Comeza a Preferente con cambio de papeis

Comeza a Preferente con cambio de papeis
O Dumbría pode pegar o salto este curso-Foto-Jorge Parri

Este domingo 25 de xa comeza a andar o fútbol da Costa. E coma sempre estaremos a pé de campo achegando os resultados en tempo real. E comeza pola Preferente, que esta campaña 2013-2014 conta con 20 equipos e entre eles 4 da nosa zona. Falamos do Bergantiños, que malia non formar parte das Ligas da Costa este ano incluirémolo nas nosas crónicas, o renovado Xallas de Santa Comba, o Soneira e mailo Dumbría.

Cada un co seu obxectivo, e parece que este ano cambian os papeis. O Bergan, recén descendido, terá a obriga de volver á 3ª. Pero se o ano pasado era o XSC o equipo que aspiraba a todo, este curso parece que ese papel o asume o Dumbría, precisamente cos reforzos chegados do cadro xalleiro. Os de Julio Martínez asumen unha temporada algo máis humilde, con xente da casa e moitos chegados dende Santiago, e co obxectivo da permanencia. Mentres o equipo de Canosa afronta un ano con unha ilusión tremenda e unha mestura entre mocidade e veteranía que pode metelos moi arriba.
Pola súa banda, Felipe Candamo segue á fronte dun Soneira que se perfila como unha incógnito, pero que polo menos intentará facer unha campaña coma a do ano pasado.

Esta é a primeira xornada da Prefeernte:

Preferente, xornada 1

Atl. Riveira 24/08 - 18:00 Bergantiños
Xallas StComba25/08 - 18:00 Gal. Mugardos
Sp. Sada25/08 - 18:30 Soneira
Dumbría 25/08 - 18:30 Narón

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios