Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Crónica dunha fin de semana de fútbol na Costa da Morte

Crónica dunha fin de semana de fútbol na Costa da Morte
Oscarin e Pablo Leston no Zas-Dumbria da Copa-Foto-Jorge Parri

Coa resaca do ascenso do Depor que tanto celebrou a afección da Costa da Morte, e xa coa vista posta na III Gala do Fútbol da Costa, celebrouse unha nova xornada de fútbol costeiro. Copa e Fases de Ascenso son as protagonistas, se ben esta fin de semana había moitas idas, pero poucas voltas.

Comezamos o repaso pola Copa da Costa, que tivo polémica ademais. Sobre todo no Corme-XSC, que rematou cunha vitoria xalleira pola mínima tras un partido bastante caldeado. Houbo outras dúas vitorias visitantes, como a do Baio en Castriz, tamén pola mínima, e a do Dumbría en Zas. En Cee, o Malpica acadou un empate que lle pode valer para afrontar a volta en Pedra Queimada.

Xa na Fase de Ascenso á 1ª Autonómica o Sofán colleitou un valioso empate en casa do principal rival para o ascenso, o Val do Ulla. Un empate que vale o seu peso en ouro e que, se todo segue os derroteiros habituais, confía en que o Carral sexa un feudo inexpugnable para a finalísima do 23 de xuño.

As Fases de Ascenso ás Ligas Galegas foron tamén protagonistas, con disparidade de resultados. Os Xuvenís do Dumbría e da Esteirana non pasaron do empate na casa, ante Polvorín e Boiro, polo que terán que sacar fóra da casa unha vitoria, para seguir camiño do ascenso, aínda con dúas eliminatorias máis por diante.
O mellor resultado colleitado, sen lugar a dúbidas, foi o dos cadetes do XSC, que estñán facendo unha campaña inmellorable e están a un partido de meterse na Liga Galega, e manter, tralo descenso dos infantís, un equipo en categoría autonómica. Arrincaba tamén o Cabana a Fase de Ascenso, e o facía cun empate ante o Dorneda nas Redondas, tamén na primeira das tres eliminatorias que terá que superar para ascender.
E xa en Infantís, o Cee vencía 2-1 ao Callobre, e ten o pase destes Cuartos relativamente encarrilado.

Xogaban tamén os máis pequenos as Fases Finais. En Alevíns o Dumbría caía en Aguiño ante o Xuventud por 5-3, co que se complica o título. Os benxamíns do Outes perdían tamén, pero 2-1 ante o Victoria, polo que a vindeira semana o Cunchido será un fervedoiro. Os que parece que teñen pouco que facer son os prebenxamíns fisterráns, que perderon 4-0 en Narón.

E rematamos ca Copa da Costa de Veteranos, que nos deixou 2 empates e 2 vitorias nesta ida dos Cuartos. O que parece que ten un pé en semis é o actual campión de Liga, o Coristanco, que venceu 1-3 en Zas. O Dumbría, venceu 2-0 ao Laxe encarrilando tamén o pase e parece que esa eliminatoria está perfilada. Polo outro lado do cadro, doble empate a 0 que deixa todo aberto para a volta.

Copa da Costa, Ida dos Cuartos


Fase de Ascenso á 1ª Autonómica


Fase de Ascenso á Liga Galega Xuveni

0-0Dumbría - PolvorínVolta
2-2Esteirana - BoiroVolta
  • Os dous equipos terán que pasar esta e outras dúas eliminatorias para ascender.

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

0-1Ánimas - XSCVolta
1-1Cabana - DornedaVolta
  • Ao XSC bástalle con superar esta eliminatoria para ascender. O Cabana terá que pasar esta e outras dúas eliminatorias para ascender.

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil

2-1Callobre - CeeVolta

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 15

Galicia Caranza 2-2Dumbría

Fases Finais de Alevín, Benxanín e Prebenxamín

Alevíns:

5-3Xuv. Aguiño - DumbríaVolta

Benxamíns:

2-1Victoria - OutesVolta

Prebenxamíns:

4-0Narón - FisterraVolta

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 16

As Baleas7-2 Muxía
Sofán Apraz.EF Corcubión
Baio 31/05 - 17:30 Coristanco
Corme 2-2 Cabana
  • Descansa EFM Vimianzo.

Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 16

As Baleas 0-6Muxía
Baio 31/05 - 16:30 Coristanco
Sofán 31/05 - 18:00 Ponteceso
Corme 0-2 Cabana
E.M.F. Vimianzo 02/06 - 18:00 As Baleas

Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Cuartos


Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios