Sábado. 20.04.2024
El tiempo

En marcha a II Gala do Fútbol da Costa – QPC

En marcha a II Gala do Fútbol da Costa – QPC
Cartel II Gala Futbol da Costa QPC 600 Os Premios do Futbol da Costa xentileza dos Oleiros de Buno e o Concello de Malpica

Cada día queda menos para a gran noite do Fútbol da Costa. Xusto antes da finalisima de Copa (non lle queremos quitar protagonismo á Gran Festa, con maiúsculas, do Fútbol da Costa), o deporte costeiro terá unha cita na Casa da Cultura de Cee. O venres 26 de xuño, o diario dixital da Costa da Morte, o punto de encontro na rede do noso fútbol, celebra a II Gala Fútbol da Costa - QPC.

E o primeiro que temos que facer é anunciar o cartel, que este ano vén cun evidente protagonismo dos máis silenciados. Falamos dos porteiros, eses xogadores únicos que hai en cada equipo, ese que sempre está detrás, gardándonos as costas, coma un pai que nos bota a bronca cando deixamos os deberes sen facer, ese que nos anima cando as cousas están mal.

Un detalle que quixemos facer para render debida homenaxe a un dos que se nos foi este curso, e que lembraremos conxuntamente. De feito, un premio levará o seu nome: “Premio Álex Pombo ao Porteiro Menos goleado da Pref. e 1ª", e procederemos a retirar a camisola negra do Combinado da Costa, que el mesmo escolleu.

Este ano temos uns 30 premios, entre os que cómpre destacar un par de novidades, como Premio á Mellor Acción Deportiva e un Premio ao Mellor Árbitro da Costa, pois queremos render homenaxe aos sempre esquecidos colexiados.
Os Trofeos serán os balóns dos Oleiros de Buño que tanto gustaron o ano pasado, gracias á colaboración do Concello de Malpica.
Ademais, haberá algunha que outra sorpresa ademais ao longo da gala.

Patrocinadores e colaboradores

Patrocinadores II Gala Futbol da Costa-QPC 2

E como non podía ser doutro xeito, temos que facer mención aos que fan posible estas Galas. Comezando polo Concello de Cee, que nos cede o Auditorio da Casa da Cultura; o Concello de Malpica en nome do edil Alfredo Cañizo e os Oleiros de Buño que nos fixeron os fermosos premios, ademais do Hotel Insua-As Baleas que nos fará uns deliciosos pinchos.

Ademais, a Gala non sería posible sen a colaboración de Ferroatlántica, que sempre está co Deporte costeiro.

En cantro aos patrocinadores dos Premios, así quedan:

  • Premio Calvo ao 11 ideal.
  • Premio Clínica Sar ao Mellor Xogador.
  • Premio Santitel ao Mellor Equipo.
  • Premio Atrio Proxectos á Mellor Directiva.
  • Premio Fútbol-Táctico ao Mellor Adestrador (ademais regalarán unha suscrición dun ano ao Magazine FT e máis á revista técnica, e o libro sobre o Bayern de Pep).
  • Premio Clínica Vértebra á Mellor Afección.
  • Premio ao Mellor Árbitro Costeiro.
  • Premio á Mellor Acción Deportiva.
  • Premio Autocares J. Pombo ao Mellor Club Base.
  • II Premio Especial Calvo ao Fútbol Base.
  • Premio Vitureira Bouzas ao Pichichi da Pref. e 1ª Autonómica.
  • Premio Álex Pombo ao Porteiro menos batido da Pref. e 1ª, cun detalle dunha luva xigante de Solporteros.
  • Premio Aluminios Dumbría ao Pichichi da 2ª Autonómica..
  • Premio Bar Pousada ao Porteiro menos batido da 2ª Autonómica, cun detalle dunha luva xigante de Solporteros.
  • Premio DAFIT ao Pichichi da 3ª Autonómica.
  • Premio Pizzería Il Molino ao Porteiro menos batido da 3ª, cun detalle dunha luva xigante de Solporteros.

Os que están todo o ano

Temos que agradecerlle encarecidamente a todos eles a súa aposta polo Fútbol da Costa. E tamén aos que apostan todo o ano por patrocinar o Fútbol da Costa en QPC:

  • Senra Sport, patrocinador da Preferente.
  • Clínica de Fisioterapia e Podoloxía Vértebra de Baio, patrocinadora da 1ª Autonómica.
  • Estación de Servizo Bazarra, patrocinadora da 2ª Autonómica.
  • Clínica de Fisioterapia A Xunqueira de Cee, patrocinadora da 3ª Autonómica.
  • Máis Deporte, a Tenda de Deportes en Cee, patrocinadora das Ligas Xuvenís.
  • Aluminios Dumbría, patrocinadora das Ligas Galegas de Base.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios