Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Preferente: O Soneira leva o derbi e sobe posicións mentres todos pensan na Copa

Preferente: O Soneira leva o derbi e sobe posicións mentres todos pensan na Copa

Queda unha xornada para o remate da Preferente, e as cousas están practicamente perfiladas para os nosos. De feito, o que máis preocupa case que é a posición do Dubra, que onte conseguía unha importante vitoria que o afasta dos posibles arrastres que, de levar ao Dubra á 1ª, levarían consigo ao Ponteceso á 2ª, algo que parece a todas luces improbable.

A penúltima xornada deixounos un derbi, bastante intenso para non xogarse nada, que rematou coa vitoria soneirá ante o Xallas. Unha vitoria que sumada á derrota do Dumbría deixa ao Soneira por riba dos dumbrieses, que tras estar boa parte da temporada entre os 6-7 primeiros, pode rematar mesmo de 14º. Mentres o Soneira aspira mesmo a quedar na 6ª posición.
Pola súa parte o XSC xa sabe que quedará na 5ª praza.

Os 3 botarán todo na Copa e deixarán para os menos habituais a última xornada.

Soneira - Xallas StComba (3-2)

Adrian Makaay foi o protagonista do choque co XSC
  • SONEIRA: Cheli, Fran de Urroa, Pichi, Maikel, Sito, Míchel, Baba, Toni Fisterra (Mayor, min.40), Javi (Richi, min.65), Cristian (Mayuyo, min.45) (Basti, min.65), Adrián Makaay.
  • XSC: Diego, Alberto (Noli, min.57), Guillermo, Pablo Vigo, Rubén, Jota, Oscarín (Dani Martínez, min.70), Mon (Chinda, min.52), Pablo Baña, Doro, Javi Suárez (Marquiños, min.65).
  • Goles: 1-0, min.15: Adrián Makaay; 1-1, min.20: Pablo Vigo de cabeza a un córner; 2-1, min.55: Adrián Makaay de córner directo; 2-2, min.62: Jota de tiro sorpresivo dende fóra; 3-2, min.75: Adrián Makaay de tiro de lonxano.

Partido bastante disputado apesar do pouco que había en xogo. Pero ambos equipos querían responder diante das súas afeccións e o partido estivo moi reñido. O Soneira estivo máis fino, máis acertado, mentres que os de Corredoira estiveron fallóns arriba e non tan ben defensivamente como nas últimas xornadas.

Ademais, o Soneira, moi ben ordenado contou cun inspirado Adrián Makaay, con 3 goles de diferentes facturas. Foi un choque de moita ida e volta, cun Xallas tentando levar o control do xogo e un Soneira roubando e saíndo con máis perigo. Foi un toma e daca no que o Soneira daba primeiro e o XSC respostaba. Tentou poñer a última resposta tralo terceiro de Makaay e os últimos 15 minutos foron de acoso xalleiro. Uns visitantes que pediron penalto por mans de Mayu dentro da área aínda co 2-2 no marcador.

Dumbría - Lemos (1-4)

  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Tantán, Rudi Cotelo (Bruno, min.35), Aarón Fernández, Piri, Iago, Aarón López, David (Luís, min. 35), Dani Vidal, Iago Dosil (Pereira, min.65), Leo.
  • Goles: 0-1, min.5; 0-2, min.10; 0-3, min.20; 0-4, min.30; 1-4, min.40: Luís.

Tardou en entrar no partido o Dumbría e cando se enteirou xa tiña 4 goles no peto. O Lemos, con presas por evitar calquera posición que sexa susceptible dos arrastres, saíu con todo no Conco e arrollou na primeira metade aos de Canosa, bastante máis relaxados.

O míster fixo cambios antes do descanso e fixeron o seu efecto, igualando un partido que xa estaba decidido.


Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios