Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Resultados e crónica da última xornada das Ligas da Costa que deixa ao Mazaricos en 3ª

Resultados e crónica da última xornada das Ligas da Costa que deixa ao Mazaricos en 3ª
O Mazaricos descendía en Louro a pesar da vitoria-Foto- Edu Olveira

O Mazaricos descende á 3ª Autonómica. Está é sen dúbida a nota máis destacada da derradeira xornada das Ligas da Costa, nesta segunda fin de semana de maio. Os amarelos foron quen de vencer ao Montelouro en Agra da Filgueira pero dende a semana xa non dependían de si mesmos. Cabana e Outes non fallaron ante Buño e San Lorenzo e conseguiron manter a categoría e celebrar ca súa afección a permanencia.
Só lle queda ao Mazaricos tifar co Baio, para que consiga o ascenso na Promoción á 1ª, deixandoos así un ano máis en 2ª.

Pola súa banda, a Esteirana pechaba o seu espectacular ano cun empate na casa ante o Sofán, mentres que o Dumbría B e máis os loureáns se despediron da categoría cunha nova derrota.

Todo nunha fin de semana deportiva que comezaba a golpe de venres cun auténtico esperpento. A Federación obrigaba a xogar 1 minuto do choque entre Corcubión e Cabana que o colxiado suspendera no min.89 por unha agresión. Pois ambos equipos tiñan que saltar ao campo, e pagar a colexiado e dous asistentes para que o marcador mantivese o 0-1 cantado.

Polo demais, pouco que contar. Un soso derbi con nada en xogo Preferente, á que aínda lle queda unha xornada que coincidirá ca ida dos Oitavos da Copa da Costa. O Soneira vencía ao XSC e o Dumbría caía ante o Lemos con rotundidade.
En , e tamén sen tensión, o descendido Fisterra vencía en Malpica mentres que Ponteceso e Camariñas caían rematando así os 3 un mal ano, evidentemente peor para os fisterráns.

Na 3ª Autonómica, o IDC proclamouse campión sen xogar, pois o Alcaián non se xuntaba xente suficiente. O Porteño sumaba unha nova vitoria tras celebrar a semana o ascenso e ambos serán equipos de 2ª o ano que vén. Á espera da posible sanción que lle caia ao Laxe pola suposta aliñación indebida da semana pasada ante os carballeses, a promoción queda perfilada, e tamén coincidirá coa ida dos Oitavos da Copa, na que participarán, pero sen demasiado interese, o Laxe e o Cerqueda, ambos contra equipos superiores como Camariñas e Ponteceso, xa centrados na competición do K.O.
Así, as vindeiras dúas semanas, choques entre Camelle - Laxe e Soneira B - Cerqueda.

Temos xa ademais finalísima da Copa da Costa Xuvenil. O Outes sorprendía ao Cabana e empataba a 1 facendo bo o valor doble dos goles fóra da casa. E iso que quedaba con 9 (Álvaro e Veleiro son baixas para a final) e outra vez con Mosto protagonista, parando, por segundo partido consecutivo, un penalti no min.97.
Os de Roque e Tomé teránn en fronte ao Dumbría que se metían na final cun tanto de Alex Siaba no desconto, cando o Malpica estaba apretando con todo.
Ao longo da semana os clubes do Dumbría e do Outes reuniránse ca Federación para decidir o campo no que se xogará a final e máis a data.

En Cadetes, o Dumbría segue firme o seu paso á División de Honra pero o Ural non cede. Ambos gañaban e a diferencia segue sendo de 3 puntos para os dumbrieses a falta de 2 xornadas para o final.

Diego Lobelos entrenador do Dumbria da Liga Gaega Cadete

Ademais, comezaron os Oitavos da Copa da Costa de Veteranos, con algunha sorpresa, como a vitoria do Cabana en Vimianzo ante o Soneira, actual campión de Liga.

Os alevíns vimianceses subcampións provinciais

Os Alevins das EMF Vimianzo, subcampións provinciais

A fin de semana deixábanos ademais o Campionato Provincial de Fútbol Sala 2013. Un campionato ao que acodían os alevíns do EMF Vimianzo, que acaban un meritorio subcampionato. Tamén estiveron os benxamíns do Fisterra pero non puideron traer nada de volta tras caer con rotundidade ante os seus rivais, quedando pois 4º da provincia, que non é pouco.
As EMF Vimianzo, nas semifinais tiveron un duro rival no Melide ao que superaron non sen dificultades por 6-7. E na final caeron tralo esforzo da semi ante O Parrulo por 3-6, cun equipo que contaba con 4 xogadores na selección galega campiona de España hai dúas semanas. Os de Paco aguantaron a primeira metade, pero o cansanzo fixo mella e a pesar de dar a cara en todo momento non puideron acadar o triunfo.

Cómpre felicitar aos vimianceses, que ademais son os mismos xogadores q lograron a clasificación para xogar a Fase de Ascenso á Liga Galega en Fútbol 8. Nesa fase están entre outros o Depor e o Celta. Ás EMF Vimianzo tocaralles unha eliminatoria a doble volta contra o Bertamiráns.

Preferente, xornada 37

Soneira 3-2Xallas StComba
Dumbría 1-4 Lemos

1ª Autonómica, xornada 34

Malpica 0-3 Fisterra
Arzúa 2-0Camariñas
Flavia 2-0 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 34

Volantes 3-3 Corcubión
Cabana 3-0 Buño
Castriz 1-1 Cee
Outes 2-0 San Lorenzo
Carnota 6-1 Dumbría B
Sofán 2-2 Esteirana
Corme 4-0 Baio
Zas 2-1 Muros
Montelouro 1-2 Mazaricos

3ª Autonómica, xornada 34

Soneira B 1-0 Castrelo
Camelle 1-0 Coristanco
Laxe 2-1 Lira
Nantón 2-4 Ameixenda
Porteño 6-0 Baíñas
Alcaián 0-3* Indep. Carballo
Cerqueda 6-1 Muxía
  • Xaviña - Fisterra B (2-0) por retirada do filial fisterrán.
  • Camelle-Coristanco alteran a orde do campo pois a ida xogouse en Coristanco por mal estado do Rodeiro.
  • O Alcaián non se presentaba ao non ter xente suficiente.

Copa da Costa Xuvenil, Volta das Semifinais

Copa da Costa Xuvenil Volta semis

Liga Galega Cadete, xornada 31

Dumbría 1-0 Lugo B
S.de Compostela 1-1 Bergantiños

1ª Cadete, xornada 26

Baio 0-5 Xallas StComba
Con. de Carnota 1-5 Coristanco
Esteirana 4-0 Cee
Outes 1-2Zas
Fisterra 0-0 Muxía
Porteño1-1 Muros
Ponteceso 2-5 Cabana

1ª Infantil, xornada 30

As Baleas 1-3 Outes
Corme 7-0 E.M.F. Vimianzo
Sofán 8-2 Os Miudos
Ponteceso 6-4Fisterra
Muxía 3-6 Esteirana
Baio 1-6Cee
Coristanco 6-3 Cabana
  • Descansa XSC.
  • Sofán-Os Miúdos alteran a orde e xogan no Carral.

Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Oitavos


Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios