Venres. 17.05.2024
El tiempo

Preferente: Un punto menos para a salvación

Preferente: Un punto menos para a salvación

Un punto máis para o haber dos soneiráns nesa conta atrás para acadar a salvación que cada vez a teñen máis preto.

Soneira - Xove Lago (1-1)

  • SONEIRA: Fran, Javi, Ferreiro (Darío, min.57), Fran de Urroa, Miguel, Pablo, Santi, Mario Toja (Vía, min.81), Míchel, Víctor García (Kike, min.57) e Vituco.
  • Goles: 0-1, min.20: Ferreiro; 1-1, min.45.

Na tarde de onte os pupilos de Manolito aguantaron ben dun Xove Lago que se colea pola parte alta da táboa clasificatoria.
Como vén sendo habitual nos últimos partidos os soneiráns saen moi enchufados na primeira metade e vanse diluíndo segundo avanza os minutos. O partido non tivo moitas ocasións de gol, houbo moita batalla no medio campo e as aproximacións as áreas foron sen moito perigo.

Vituco puido abrir o marcador nun moi bos xogada combinativa que acabou co centro por banda esquerda de Mario e Vituco rematou moi ben de cabeza, pero atopouse cunha grande intervención do meta visitante que mandou o balón a córner. Tralo saque dese, o balón quedou morto na frontal da área pequena e Ferreiro golpeou a gol. Cando semellaba que se iria coa vantaxe pola mínima a vestiarios, unha indecisión entre o meta e Fran de Urroa facilitou o gol dos visitantes.

Na segunda metade o partido foi un calco da primeira, só que os visitantes subiron un pouco máis as liñas e os locais foron baixando a presenza no campo contrario. As chegadas máis claras foron a balón parado, nun par de córners e faltas que desfixeron ben a defensa luguesa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios