Sábado. 27.04.2024
El tiempo

QPC arma un Partido Solidario do Combinado da Costa da Morte

QPC arma un Partido Solidario do Combinado da Costa da Morte
Cartel Partido Solidario Costa-Coruxo web

O diario dixital da Costa da Morte Quepasanacosta, coa colaboración da Cruz Vermella de Vimianzo, o Concello de Santa Comba, Ferroatlántica e o Coruxo F.C., artella un partido solidario do Combinado da Costa da Morte, seguindo a liña do partido do verán ante o Fabril contra o cadro vigués.

Un partido que se disputará o martes 30 de decembro ás 20:30h en Fontenla, Santa Comba, e que servirá para recadar fondos para que mercar chándales e botines para as familias máis desfavorecidas da zona, unha necesidade prantexada pola propia entidade social.

Este luns 22 de decembro, faremos a presentación oficial no Museo Terra do Xallas de Santa Comba a partir das 19:00h, na que estaremos presentes as entidades organizadoras. Alí daremos máis pistas.

En todo caso, e para que non poida achegarse ata Santa Comba, a organización abre a posibilidade de que todo aquel que queira poñer o seu gran de area para colaborar, o poida facer a través da Fila 0, do número de conta da Cruz Vermella Vimianzo:

  • Nº de conta: EUR 2080-0082-45-3040003688 (indicando no asunto: Partido Solidario).

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios