Martes. 07.05.2024
El tiempo

Segunda: O Cee arrinca ben e o Corcubión golea e comeza líder

Segunda: O Cee arrinca ben e o Corcubión golea e comeza líder
Tamén botou a andar a Liga da Costa. E o primeiro líder é o Corcubión de Manolín, que se impuxo ao Castriz por 0-4. Logo da pasada tempada, chea de agonía para o Unión Club Cee, semella que os da vila da Xunqueira fixeron borrón e conta nova. O Unión venceu ao Outes por 1-3. Imos co máis salientable.

Outes – Cee (1-3) CRÓNICA PATROCINADA POR BAZARRA.

  • OUTES: Gato, Martín, Damián (Fabio, min. 63), Chua, Saul, Arturo, Poke (Lago, min. 46), Michi (Migue, min. 46), Elias (Sergi, min. 82), Pesco e Lass.
  • CEE: Parroto, Fiuza, Nico, Piquero, Rafa, Fermín (Mario, min. 78), Jorge (Carlos Leis, min. 38), Ángel, Victor (Chiru, min. 63), Llanero (Sergiño, min. 28) e Poyo (J. Ramón, min.89).
  • Goles: 0-1. Llanero, min. 10. 0-2. Ángel, min. 25. 0-3. Victor, min. 29. 1-3. Pesco, min. 89.
O Unión Clube Cee solventou o partido nos primeiros trinta minutos. Llanero a pase de Poyo, Ángel a un saque de falta de Poyo, e Víctor ao roubar un balón a Chua. O Cee dominou o partido na primeira metade e incluso puido aumentar a conta. A nota negativa foi a lesión de Llanero por rotura de fibras. O Outes aproveitou que o Cee baixou o ritmo na segunda metade para anotar o tanto da honra.

Corme – Esteirana (2-3)

  • CORME: Suso, Adolfo, Pandi, Jesús, Alejandro, Martín, Adrián, Diego, Lucas, Brais e Alejo.
  • ESTEIRANA: Benito, Simón, Suizo, Dani Rama, Pablo Serrano, Picho (Cajulo, min. 45), Pepiño, Alex, Roberto Pladur, Adelino e Kike Palucas.
  • Goles: 1-0, min.20: Alejo (p.); 1-1, min.44: Roberto Pladur; 1-2, min.55: Alex; 2-2, min.60: Alejo;  2-3, min.75: Cajulo.
A Esteirana remontou un partido que comezou perdendo. Bo comezo para os muradáns, que anotaron o tanto do empate antes do descanso para iniciar a remontada coa reanudación.

Carnota – San Lorenzo (1-1)

  • CARNOTA: Luis de la Peña, Tono, Pedro, Manolo, David, Manuel Luis, Jacobo, Lolo (Pablo, min. 55), Pumuki (Gabri, min. 75), Rodrigo (Nakata, min. 75) e Casti.
  • SAN LORENZO: Abraham, Quillo, Adrián, Dubra, David, Chucho, Bolon (Miguel, min. 73), Cachizo, Pichel (Eloy, min. 61), Fuente e Javi.
  • Goles: 0-1, min.29: Quillo; 1-1, min.60: Casti.
Táboas en Lombáns no choque que enfrontaba ao San Lorenzo de Gueli co Carnota. O San Lorenzo comezou adiantándose no minuto 29, nun centro de Pichel que Quillo rematou de volea. Na segunda metade Casti acadou o empate.

Sofán – Dumbría B (3-1)

  • SOFÁN: Bugy, Lista, Juanjo, Pensado (Cantudo, min.84), Marcos Pensado (Diego, min. 71), Iván Rey (Iván Rojo, min. 74), Eloy Boedo, Michel, Edy, Eloy Cabeza (Jacobo, min. 65) e Abel.
  • DUMBRÍA B: David, Jose, Cabanas, Jano, Jose Carreira, Isma (Fernando, min, 70), Pereira, Josiño, Javi (Martín, min. 75), Rodrigo e Alex Siaba.
  • Goles: 1-0, min.22: Tremenda volea de Eloy Boedo que repelen entre o porteiro e o longueiro, pero o rexeite empuxao Abel a gol na misma raia de porteria; 2-0, min.35: Gran xogada de Eloy Boedo, que tras roubar un balón no centro do campo internase con forza e decisión, cede o balón a Edu que cruza un bo disparo diante da saida do gardameta; 2-1, min.44: Falta cerrada á area local que Alex remata en semifallo co xeonxo e introduce o balon na porteria ante o despiste local; 3-1, min.63: Pase longo de Michel á internada de Marcos Pensado, que non o pensa moito e engancha un disparo terrible que entra pola escadra da meta visitante.
Forte inicio do Sofán neste comenzo ligueiro. Os xogadores, xa con ganas de que rodase o balon competitivo, demostraron dende o primeiro intre apetencia e fame de triunfo. Unha forte presión inicial dou paso a unha ristra de ocasións ante as que parecia mentira que o balón non entrase. Ata tres balons se estrellaron no pao nestes primeiros instantes, Abel, Michel e Eloy, na máis clara ocasión da primeira parte, non foron quen de bater a David. Pero ós 20 minutos chegou o gol de Abel, que calmou as ansias locais. Os de Cesar Ferrio estiraronse con timidez entón, e dispuxeron dunha clara ocasión nun remate de Josiño no punto de penalti, que Bugy rexeitou cos pes. Acto seguido respostou o Sofán cou outra clara opcion pero nin Abel nin Eloy bateron o meta visitante, moi fino nesta accion. O partido estaba a ser moi bonito, e os locais enlazaban combinacions de moito mérito, cun Abel en gran estado de forma, e Edu e Ivan entrando ben por banda. Unha gran xogada en banda esquerda acaba con un centro de Marcos Pensado que Rey non é capaz de rematar. O gol dos visitantes a balón parado foi un xerro de auga fría para os rojillos, que vian como tras un bo primeiro tempo só se ían con ventaxa de un gol ao descanso. A saída dos locais foi moi fria tras o descanso. Faltos de concentración, baixouse o nivel defensivo, e o Dumbria comenzou a rondar a meta local. Pero nestes momentos surxiu a figura de Bugy, un dos mellores do encontro, sacando dúas ou tres mans magníficas e abortando todo intento de remontada visitante. Cando xa se temía o peor no Carral chegou o golazo de Marcos, que deixou o partido visto para sentencia, pois entre o calor e a bisoñez do equipo visitante, a última media hora foi un querer e non poder do Dumbria, e un errar ocasión tras ocasion da Sd. Co partido aberto as contras locais puideron ser mortais de necesidade. Os homes de refresco aportaron calidade na zona de arriba, con especial mencion o debut de Ivan Rojo, que mostrou moi boas maneiras e creou moito perigo por banda dereita. Edy marrou tres ocasions clarisimas diante do porteiro, e Abel ou Rojo tamen tiveron as suas opcions.

Outros choques

O Mazaricos impúxose ao Muros. O derbi entre o Zas e o Baio saldouse con victoria para o conxunto zaense por tres tantos a cero. O partido estivo moi influenciado polas actuacións arbitrais e polos erros defensivos na zaga do Baio. A expulsión do meta Anxo nos primeiros minutos do xogo, condicionou o resto do encontro, pois o Baio xogou cun xogador menos ata que a falta de vintecinco minutos, foi expulsado o capitán zaense, Pereiro. O Corcubión de Manolín comeza a tempada líder logo de acadar tres puntos en Castriz ao anotar catro goles. O Volantes de Baño goleou ao Buño por 5 a 3. Os tantos dos locais foron obra de Seluco en dúas ocasións, Brais Sendón en dúas ocasións, e Adrián. Co 3-1 do Monte Louro - Cabana, pechouse esta primeira xornada na Liga da Costa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios