Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Un novo punto de encontro no Facebook para o #FutboldaCosta

Un novo punto de encontro no Facebook para o #FutboldaCosta
Facebook do FutboldaCosta

Hoxe amencemos sen poder ir ao quiosco a mercar o Depor Sport. A delicada situación do conxunto branquiazul provoca unha gran perda para o fútbol da Costa. Non cabe dúbida que falamos dun dos medios que revolucionou o noso fútbol, e que o leva espallando como lenda por toda a provincia. Cómpre enviar unha aperta aos Guillermo Parga, sobre todo, e Manu Trillo e Laura Queijeiro, que dinamizaron o noso deporte dun xeito espectacular, e que agora se atopan nunha situación moi complicada.

Pero #semprequedaQPC. O diario dixital da Costa da Morte continúa sendo a referencia informativa en materia de Fútbol da Costa. E se en breve sacaremos un auténtico bombazo, hoxe anunciamos a creación dun novo punto de encontro para o deporte rei. O novo espazo Fútbol da Costa en Facebook servirá para ir achegando todas as novidades do deporte rei.

De feito, xa temos como administradores da páxina á familia de Deportes QPC, con Manuel Varela, Alberto Pose, Óscar Santos, David Castro e Anxo Garrido. Así que non deixen de enviarnos información para podérmola compartir a través da rede social.

Máis información

Fonte

Comentarios