Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: Malpica e Dumbría B seguen mandando

Xuvenil Norte: Malpica e Dumbría B seguen mandando
Segue o Dumbría B facendo estragos polos campos da bisbarra. Este sábado foi o Corme o que o sufríu as embestidas dos dumbrieses. Por diante, pero cun encontro máis, segue o Malpica, que desta volta xa sufriu, e moito, para superar a un Baio, que tamén estará na zona alta. E por certo, por se aínda non reparastes, aí queda a video entrevista de Anxo Garrido co xuvenil malpicán Juny. Ademais, seguimos agardando as vosas fotos para poder chegarmos a todos os campos, e que podedes envialas a [email protected].

Malpica - Baio (2-1)

  • MALPICA: Jesús, Miguel Ángel, Jorge, Javier, Pepis, Eme, Juny (Roque, min.84), Quintas (Diego, min.67), M. Uruguaio, Adra e Camilo (Víctor Novo, min.58).
  • BAIO: Guillermo, Maikel (Lucas, min.46), Pablo (David, min.46), Yago (Manuel, min.49), Martín, Fachal, Rubio, Rafa, Valentín, Bieito e José Manuel.
  • Goles: 1-0, min.3: Camilo tras un rexeite de Guillermo a chut de Juny; 2-0, min.39: Adra anota un golazo dende o medio campo; 2-1, min.54: Rubio.
Entretido e emocionante partido o disputado na “Pedra Queimada”, entre dous equipos que aspiran a clasificarse para xogar a 2ª fase do campionato. O Baio estivo moi serio, controlou o xogo en todo momento, pero pecou de falta de certeza nos últimos metros, e acabouno pagando. I é que de comezo, tralo gol inicial de Camilo, Valentín, Martín e Bieiro puideron empatar e mesmo darlle a volta ao marcador, pero Jesús estivo moi acertado na meta malpicá. Sacaban contras os locais, que viron ampliada a súa vantaxe antes do descanso cun deses tantos que non se ven nestas categorías. Adra roubou un balón no círculo central, e sen pensalo empalmou unha volea e colou o balón por riba de Guillermo. No segundo tempo o Baio intentouno de mil xeitos. Rubio recurtou pero o balón non entrou e o Malpica segue arriba.

Ponteceso - Cabana (4-2)

  • PONTECESO: Xurxo, Dani Valle, Guille, Fabián, Diego Collazo, Dani Cotelo, Alberto Recarey (Mendi, min.60), Jorge, Borja (Diego, min.65), Cris, Puente (Iago, min.65).
  • CABANA: Sergio, Valiña (Mato, min.65), Ismael (Dani Mato, min.75), Manuel (Román, min.55), Duda (Francés, min.60), Pablo, Miki, Moreno, Aless, Estefan e Iván Mato.
  • Goles: 0-1, min.10: Aless; 1-1, min.15: Cris; 2-1, min.30: Jorge; 3-1, min.50: Puente; 4-1, min.55: Puente; 4-2, min.65: Dani Mato, de falta directa.
  • Expulsión: O cabanés Pablo por dobre cartón amarelo (min.68).
Sumou o Ponteceso unha boa vitoria ante todo un imponente Cabana. Ademais era un derbi pois moitos dos rapaces comparten centro escolar. O Cabana buscou a vitoria en todo momento e de feito, saíu máis enchufado. O Ponteceso, aínda en proceso de mellora da súa competitividade, centrouse en intentar xogar o balón o mellor posible, e o empurre dos 3 xogadores que xa participan asiduamente no cadro de 1ª Autonómica (Puente, Borja e Recarey) conseguiu darlle a volta ao marcador en 15 fantásticos minutos á volta do descanso. O Cabana protestou a actuación arbitral en varios goles, e malia o arreón final non puido acadar o empate.

Dumbría B - Corme (7-0)

  • DUMBRÍA B: Brais, Roberto, Andi, Toja, Isma (Duarte, min.65), Alcaina, Josiño, Pereira (Victor, min.70), Picallo, Mario (Jesus, min.46) e Rodri.
  • CORME: Javi, Sergio, Alejo, Alberto, Koeman, Jorge Pejo, Brais, Antonio, Eloy, Juanma, Dani. Tamén xogaron Eloy Castro, Alejandro e Dani Chans.
  • Goles: Rodrigo (3); Pereiria (2), Jesus e Picallo
Aguantou o vendabal, como puido e con 7 tantos encaixados, este noviño Corme. Moi superior o cadro de Angel Canosa, que segue "abusando" dos equipos da zona e xa suma 27 goles a favor e tan só 1 en contra en 4 partidos disputados. Tan so xogou o Dumbría, O Corme aportou por pecharse atrás para evitar unha goleada, pero non o puido evitar, monologo dos de Dumbría que o ano pasado se vían superados polo Corme que acabaría sendo gañador de liga e copa, pero este ten que comezar a proceso de formación con xogadores case todos de primeiro ano de xuvenil.

Coristanco - Zas (0-6)

  • CORISTANCO: Nacho, Martínez, Pichel, Corral, Naya, Gonzalo, Dani, Adrián, Brais, Toño, Magovi. Tamén xogaron: Cristian, Rubén e Mosquera.
  • ZAS: Miki (Tívoli), Kevin, Josito, Amado, Óliver, Quintáns (Gonchi), Óscar, Adri, Pastor (Esteban), Isma e Víctor.
  • Goles: 0-1, min.15: Víctor; 0-2, min.25: Ismael; 0-3, min.40: Amado; 0-4, min.60: Víctor; 0-5, min.65: Ismael; 0-6, min.80: Kevin.
  • Lesión: o zaense Pastor.
Tremenda calor no campo coristanqués que non impediu que o Zas de Severino amosase a súa mellor versión e se aproveitaron da baixa condición física dos locais, que aínda están en proceso de formación.

Camariñas - Laxe (6-1)

  • CAMARIÑAS: Álvaro, Mariño (José Carlos, min.46), Mauro (Bieto Mas, min.60), Manuel, Bieito Villar, Javi (Ismael, min.46), Martín (Diengo, min.46), Gatuso, Juan Carlos (Saviola, min.46), Yuyo e Nené.
  • LAXE: Anxo, Roberto, Mosqueira, Eloy, Dani (Diego, min.55), Rellán, Manuel (Carlos, min.75), Djamel, Adrián (Carlos, min.60), Adrián II e Carril.
  • Goles: 1-0, min.25: Yuyo; 2-0, min.30: Yuyo; 3-0, min.50: Ismael; 4-0, min.65: Yuyo; 5-0, min.75: Nené; 6-0, min.80: Yuyo.
Á media hora o marcador xa indicaba un claro 2-0, logo de 15 minutos de lixeiro control visitante. De aí en diante o encontro rematou e xa foi un completo control dos de De la Sierra. Yuyo asinou 4 dos tantos dos camariñáns.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora o blog do Malpica de Luís E. Porto e o Alejandro Mel.

Comentarios