Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Nin a calor pode con eles

Xuvenís: Nin a calor pode con eles
Imaxe do Cabana-Porteño-Foto-David Castro

A calor foi a protagonista desta 4ª xornada das Ligas Xuvenís. Unhas Ligas que aínda non teñen dominadores claros e que cambian ano tras ano.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 4

Cambio de líder no Norte, e queda no Concello pontecesán. Chegaba o Ponteceso imbatido ao Cairo pero parece que os cormeláns veñen este ano a por todas. Mereceron gañar os de Lelo que se colocan líderes, con 10 puntos, 1 máis que Camariñas, Malpica e o propio Ponteceso. Os camariñáns desfixéronse dun Castriz que segue mellorando a pesar de ser o seu debut na competición. Mentres, o Malpica volveu tirar de artillería para gañar a un Muxía que non merece ter aínda 0 puntos. Un dos choques da xornada, o 3-7 do Baio a un Laxe que viña moi ben neste comezo de campaña.

Cabana - Porteño (7-0)

Cabana Xuv-Foto-David Castro
  • CABANA: Adrián (Diego, min.56), Cristian Villar, David (Grille, min.60), Raúl (Cristian Varela, min.67), Aurelio, Diego Cachadiña, Álex, Samuel, Pablo (Darío, min.64), Iván Mato, Óliver (Dani Reigía, min.55).
Porteno Xuv-Foto-David Castro
  • PORTEÑO: Brais, Manuel (Martín, min.62), Damián, Álex (Jose, min.65), Gonzalo, David Camariñas, Mario, Álvaro, Miguel, Matías (David, min.62) e Felipe.
  • Goles: 1-0, min.3: Boa xogada colectiva do Cabana, recibe Samuel no borde da área, e o seu lanzamento cólase pola escadra esquerda da portería defendida por Brais. 2-0, min.18: Balón colgado á área por Cristian Villar, que controla Iván, e éste define á reviravolta. 3-0, min.38: Boa xogada trenzada do Cabana, e Pablo marca a pracer tras recoller un rexeite da defensa porteña. 4-0, min.48: Internada por banda de Iván, que gaña a liña de fondo e pon o pase da morte para que Diego Cachadiña empurre o esférico a gol. 5-0, min.52: Lanzamento ao pau de Iván, logo dunha xogada combinativa dos locais e Óliver, libre de marca, empurra a gol. 6-0, min.77: Gran pase de Darío á espalda da defensa e Iván define ante Brais no man a man. 7-0, min.79: Boa xogada individual de Iván, que define ante o porteiro visitante.
Cabana e Porteno-Foto-David Castro

Partido que tivo un claro dominador no equipo local, sobre todo, logo de chegar o 3-0, xa que minutos antes puido trocar o encontro pero Adrián co 2 a 0 no marcador foi quen de atallar un penalti lanzado por David Camariñas.
Na primeira metade, o Cabana buscando sempre o fútbol de toque comezou a crear ocasións e aos tres minutos de comezar o encontro adiantaríanse no marcador cun auténtico golazo de Samuel, dende fóra da área. Seguirían, os locais, facendo un fútbol vistoso para o público mentras que o Porteño, con David Camariñas como director de orquesta, buscaba un fútbol máis directo. No minuto 18, Iván controlaría dentro da área un balón colgado á área por Cristian Villar e o propio dianteiro cabanés definiría á reviravolta. No minuto 35, chegaría a xogada que puido trocar o curso do partido. Penalti cometido por mans de Iván, que lanzaría o mellor xogador do partido por parte do Porteño, David Camariñas, pero Adrián sería que de atallar o lanzamento. Tres minutos máis tarde, chegaría o terceiro gol do Cabana, tras unha boa xogada trenzada e Pablo, tras un rexeite da defensa visitante marca a pracer. Este tanto sería a puntilla para que os xogadores do Porteño baixaran os brazos. Co resultado de 3-0 e cun equipo local superior chegaríamos ao descanso.

Á volta dos vestiarios, en lugar de saír relaxados, os das Redondas seguirían ao seu, e de novo, aos tres minutos, como xa pasara na primeira metade, Diego Cachadiña faría o 4-0 tras o pase da morte de Iván Mato. Tan só catro minutos despois, Óliver uniríase a festa facendo o quinto, ao aproveitar un rexeite do pau logo dun lanzamento de Iván. No minuto 73, o Cabana sufriría un contratempo coa lesión de Samuel, que o faría xogar con 10 ata o final ao ter agotados todos os trocos.

Esto non lle quitou folgos aos locais, xa que farían dous goles máis ata o final do encontro. Tras un gran pase de Darío á espalda da defensa, Iván definiría ante Brais no man a man para poñer o 6-0 no marcador. Dous minutos despois, o propio Iván, tras unha boa xogada individual, definiría ante o porteiro visitante para completar o hattrick e poñer o definitivo 7-0.

Cabana-Porteno -Foto-David Castro

Corme - Ponteceso (5-0)

  • CORME: Rubén, Iván, Isaac (Fernando, min.81), Cristian, Eloy, Joshua, Antonio (Alberto, min.85), Isma (Kike, min.60), Juanma (Fran, min.70), Brais, Alejo (Manu, min.72).
  • PONTECESO: Damián (Lucas, min.46), Adrián Pose, Dani Villar, Lorenzo, Diego, Sergio (Luca, min.77), Isma (Dani Pailos, min.67), Amado (Dani Sánchez, min.56), Pablo, Yago, Óscar Pose (Christian, min.46).
  • Goles: 1-0, min.17: Antonio; 2-0, min.26: Brais; 3-0, min.57: Joshua; 4-0, min.67: Joshua de penalti; 5-0, min.82: Fran.

Tarde con moita calor á que o Ponteceso que chegaba imbatido pero sucumbíu ante un gran Corme, que cada este curso parece que vai dar que falar. Dende o comezo dominou o cadro cormelán e o Ponteceso intentou defenderse como puido

Muxía - Malpica (1-3)

Muxia Xuv-Foto-Luis E Porto
  • MUXÍA: Ancho, Macareno, Miguel (Mesuto, min.64), Chino (Machín, min.81), Gerardo, Carlos (Petón, min.25), Paulo, Japita, Castreje, Víctor, Edi.
Malpica Xuv-Foto_Luis E Porto
  • MALPICA: Manuel, Jorge, Víctor Novo, Canario, Stiven, Mouri (Gabi, min.67), Pitís, Diego, (Brais, min.50), Almeida, Guille (Alberto, min.46), Kevin (Chols, min.91).
  • Goles: 0-1, min.27: Almeida aproveita un despexe do porteiro a un cabezazo de Mouri nun corner; moi oportuno envía coa punta da bota a rede. 1-1, min.30: Víctor de penalti. 1-2, min.50: Almeida chuta ao pau e o rxeite pega nun defensa e se cola. 1-3, min.70: Pitís a centro de Almeida.
  • Lesións: o local Carlos e os visitantes, Diego e Kevin, todos con forte golpes.
Capis do Malpica e Muxia-Foto-Luis E Porto

Vai recuperando a pólvora o Malpica, que fai da eficacia un costume. O Muxía mellorou con respecto ao ano pasado, e puxo máis fútbol e máis gañas que os malpicáns. Pero estes teñen unha moi boa defensa, moi seguria, e teñen dinamita arriba e Almeida e Pitís fixeron moito dano.

Por bando muxián, tiveron boas ocasións Víctor cunha falta e Castreje cun centro chut aos que respondeu moi ben o meta Manuel.

Camariñas - Castriz (3-1)

  • Goles: Pose e Santi (2) para o Camariñas; e José Ángel para o Castriz.
Prantou cara o novo Castriz de Evaristo e Lorenzo durante todo o partido ante un Camariña ben dirixido por Pirucho, que vai collendo bos tintes. A primeira metade adiantaráse o Castriz, asinando o primeiro gol da tempada, pero na segunda, ante un Camariñas máis incisivo, non puido aguantar as acometidas.

Laxe - Baio (3-7)

  • Goles: Saleta e Adrián (2) para o Laxe; e Santi Díaz (3), Estefan, (2), David e Javi para o Baio.

O Laxe, cun plantel algo curto, tiñas 3 baixas importantes, para este partido que acollía unha gran entrada. Así, empezou o Baio ben plantado, e á contra entraban con facilidade ante as baixas, e xao aos 10 minutos se meteu 0-2, e ao fío do descanso xa se puxo 0-4. Aí xa case se acabou o choque, cun Baio superior que a cada xogada facía dano.

Na segunda, cos dous equipos máis relaxados, e con menos intensidade, a cousa xa estivo máis igualada, cun toma e daca constante e pegando uns e pegando outros, superando os ataques ás pouco aplicadas defensas.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 4

Polo Sur si que o Dumbría parece comezar cunha marcha máis. Os dumbrieses, que descansaban ao igual que o Mazaricos (a renuncia do Corcubión a última hora provoca que descansen 2 equipos cada xornada), mantén o liderato con 9 puntos e 3 de 3 no seu haber. Por detrás xa chega o XSC. O equipo de Rafa vai collendo ritmo e onte desfíxose con rapidez do Soneira. A Esteirana, que chegou moi forte cos rapaces que tan boa campaña fixeron o ano pasado en cadetes, sucumbiu no San Paio de Refoxos metendo ao Cee na loita. O mesmo pasoulle ao Fisterra, que se desfixo do que pode ser o quipo máis feble da categoría, o novo Lira.

Muros - Outes (1-1)

  • MUROS: Matías, Yeray, Samuel, Eloy, Diego (Javi, min.46), Miguel (Edu, min.80), Álvaro (Santi Muros, min.60), Juan (Santi de Lira, min.46), Ramón, Hugo, Piki.
  • OUTES: Joel, Jurado, César, Brión, Rafa, Cutu, Álvaro (Adán), Adrián (Simón), Abraham (Santi), Zeta (Xurxo), Samuel.
  • Goles: 0-1, min.30: Samuel; 1-1, min.75: Miguel.

Mal partido en Muros, onde ata os goles foron feos, e disque o balón quería marchar do campo no descanso... Sen apenas ocasións, os dous equipos o intentaron pero non era o día. Na segunda metade estivo algo mellor o Muros de Bibi, que o intentou máis, e mesmo errou un inverosímil balón a porta baleira, por medio de Eloy, que pasou do posto de central á dianteira, e tivo esa e mais un man a man que salvou Joel, ao igual que outro de Hugo. Tamén o Outes tivo a súa pero non acertaron os de Manu Roque.

Fisterra - Lira (3-0)

  • FISTERRA: Ángel, Gabriel, Manuel, Noé, Rubén, Breixo (Abel, min.46), Josema (Adrián, min.46), Manute, Benlloch, Josiño (Beto, min.75), Ángel (Moisés, min.9).
  • LIRA: Aitor, Daniel, Xabi, Adrián, Sergio, Miki, Javier Raña, David, Saúl, Cibrán, Alexis, Ismael. Tamén xogaron: Cristian, Pablo.
  • Goles: 1-0, min.65: Rubén; 2-0, min.79: Abel; 3-0, min.81: Beto.

Partido no que o novo Lira de Javier aguantou na primeira metade. Pero o mellor estado físico dos de Nacho deixou unha segunda metade clara para os fisterráns.

Cee - Esteirana (1-0)

  • CEE: Paulo (Argen, min.70), Abraham (Trillo, min.83), Jicho, Aitor, Esteban, Tebo, Carlos Leis (Tivi, min.46), Ferrio (Kevin, min.46), Andrés, Rafa, Alex (Germán, min.77).
  • ESTEIRANA: Marcos (Manuel, min.46), Tobio, Borja (Alex, min 46), Rafa, Alberto, Raúl, José (Fabio, min.55), Manuel (David, min.65), Adrián, Damián (Pablo, min.46), Sergio.
  • Gol: 1-0, min.80: Esteban de volea dende fóra da área.

Choque de trens no San Paio de Refoxos con dous equipos que parece que estarán arriba. E non se decidía ata os últimosminutos cun golazo de Esteban que deixa os 3 puntos na casa. Avisaba o Cee ao comezo cun balón ao pau tras un córner. Pero a Esteirana comezaba a facerse co dominio do balón e mandou un balón ao longueiro e fixo estirarse a Paulo ao fío do descanso.

Na segunda volveu saír o Cee máis metido, pero á contra a Esteirana facía máis dano, e ata Jicho tivo que salvar un gol da liña de gol. Pero o gol chegaría tras un córner, cando Esteban empalma un balón na frontal que se cola na meta visitante. Aínda tiña 10 minutos a Esteirana para intentalo, pero non acertou nos dous achegamentos finais que tivo.

Xallas StComba - Soneira (6-0)

  • Goles: 10.min.2: Iván de cabeza; 2-0, min.10: Iván; 3-0, min.15: Fabián de gol olímpico; 4-0, min.35: Styven; 5-0, min.60: Sergio Barbeira; 6-0, min.65: Sergio Barbeira.

Partido con pouca historia, e xa se puxo de cara cun gol de córner aos 2 minutos e 3-0 aos 15 con 3 goles de córner. O Soneira, baixou os brazos, pero aínda así fixo un partido bastante aceptable e o marcador non reflicte a diferencia no xogo e no plantel.


Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios