Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Todo pendente da volta dos Cuartos da CopadaCosta

Xuvenís: Todo pendente da volta dos Cuartos da CopadaCosta
Os capitans xuvenis do Cee e do Malpica-Foto- Luis E- Porto

Xa podemos entrar no Cadro da Copa da Costa 2013 dende www.copadacosta.com. Unha Copa que este 2013 vén patrocinada por Senra Sport, e que ten como protagonista aos tolos do Ghañan Style e a súa parodia de "Oliver e Benji" como homenaxe aos 50 anos da Copa da Costa. Non perdades o vídeo!!

Unha Copa da Costa conta xa con 3 competicións en marcha. De feito, os Veteranos abren a Copa este domingo, mentres o vindeiro mércores 1 de maio xogaranse os Desaseisavos da Copa da Costa, a partido único.

Pero imos xa con esta ida dos Cuartos da Copa da Costa Xuvenil, que comezaba tremendamente igualada.

Reunión en Baio

Este xoves 25 de abril, ás 20:30 horas no auditorio do pavillón de Baio, queda convocada unha reunión para todos os Clubes da Costa. A reunión convócase a petición de varios clubes, a obxecto de planificar temas para a vindeira temporada (equipos que participan na Copa, play offs de terceira, primeira autonómica, etc) e tamén se van a tratar temas de esta temporada, por exemplo, intentar unificar o prezo das entradas da Copa da Costa, etc…
Dende a Asociación de Clubes rogan a máxima asistencia, pois agora é o momento de que os clubes fagan todas as peticións ou observacións para planificar axeitadamente a temporada.

Malpica - Cee (0-0)

Malpica Xuvenil.Foto- Luis E POrto
  • MALPICA: Jesús, Víctor Novo, Canario, Lexi (M. Ángel, min.71), Diego, Kevin, Aitor (Almeida, min.55), Eme, (Joro, 68), Martín Maradona, Juny, Pitís (David, min.82).
Cee Xuvenil en Pedra Queimada-Foto- Luis E POrto
  • CEE: Paulo, Abraham, Jicho, Aitor, Carlos Leis, Esteban, Picallo, Lamela (Cibrán, min.72), Benlloch (Michi, min.89), Nanón, Andrés.
  • Expulsión: O adestrador local Tato.

A priori, era esta unha das eliminatorias máis igualadas e intensas, entre dous equipos que completaron unha gran tempada e dos chamados equipos de arriba. Pero o partido non foi tan vistoso, e ao remate do partido o empate a 0 non sabe ben a ningún dos dous contendientes. Os de Tato, porque quedan cun empate na casa, se ben calquera empate no San Paio de Refoxos lle valería. Os de José Carlos, porque fixeron un bo partido e consideran que mereceron máis e que deixaron vivos aos malpicáns.

O choque comezou igualado, cun tres ocasións para os locais dous tiros de M. Maradora e outro de Juny que detén ben Paulo, meta ceense que xa ten debutado na Liga da Costa. Pero a partir do minuto 20 o Cee tomou o mando do partido quedando o Malpica totalmente a remolque. Picallo e Benlloch aproveitaban erros defensivos malpicáns para avisar, e foi Lamela nunha contra o que tivo a acción máis clara cun man a man con Jesús antes do descanso, pero o balón escapouse alto.

A segunda metade comezaba cun erro de Paulo na saída que deixaba a Juny só pero o seu tiro a porta baleira saíu lambendo o pao. Pero foi un espellismo, pois o Cee, plagado de cadetes e xuvenís de primeiro ano, foi de novo superioro fisicamente a uns malpicáns que parecían non tomar en serio a competición. Lamela, Picallo e sobre todo Benlloch cun tiro a bocajarro tiveron as mellores ocasións para que o Cee levase un mellor resultado para a volta.


Laxe - Dumbría (1-1)

  • LAXE: Dani, Pibe (Roberto, min.55), Samuel, Diego, Sebas, Djamel, Santi, Elías, Adrián, Carrabete, Saleta.
  • DUMBRÍA: David, Denís (Dito, min 70), Samuel, Cabana, Jose, Adrián Alcaina, Alex Siaba, Israel, Kevin (Fabián, min 60), Miki e Martín.
  • Goles: 1-0, min.40: Carrabete de cabeza a un córner; 1-1, min.75: Alex Siaba.

Moita xente e moi bo ambiente no campo do Laxe que inexplicablemente sufría a pasada semana un partido de sanción por un petardo no choque contra o XSC. O clube xa presentou alegacións, e haberá que esperar. Foi un partido con moito vento no que o Dumbría amosou a súa superioridade, sen tampouco arrasar, e non foi quen de levar unha renda máis positiva. I é que as gañas fan moito e este Laxe as ten tras dar a campanada ante os xalleiros.

Primeira metade sen apenas ocasións, cun dominio máis inerte do Dumbría, ante un Laxe ben plantado que buscaba a contra. Saleta avisaba a 10 para o descanso, e a 5, Carrabete (os dous son dous tremendos de puntais para o cadro laxense) facía o 1-0 á saída dun córner.

Na segunda os dumbrieses saíron buscando máis balóns directos ás costas da defensa, con 4 ou 5 chegadas bastante claras mesmo un balón ao pao. A superioridade física, e puideron meter algún máis do que asinou Alex Siaba faltando 15 para o final, e deixando o partido en táboas.

A volta no Conco ça que chega o Laxe con moita ilusión, será finalmente o sábado ás 12:00.

Outes - Mazaricos (3-1)

  • OUTES: Mosto, Rafa, Nieto, Jurado, Maduro, Chía, Álvaro (Rubi), Babu, Ibra (Zeta), Edu (Xurxo), Veleiro.
  • MAZARICOS: Samuel, Gabriel, Carrera, Oreiro, Javier, José Ángel, Ferreiro, Sandelo, Arturo, Alberto (Alex, min.55), Ramón.
  • Goles: 1-0, min.22: Veleiro tras un pase atrás ao porteiro que despexa o porteiro e pega nos pés do dianteiro e o rexeite vai directo a gol; 2-0, min.23: Veleiro; 3-0, min.60: Veleiro no segundo pao ao centro de Ibra; 3-1, min.83: Alex tras un reixete do longueiro a un tiro de Ramón.

Chegou con baixas o Mazaricos entre lesións e viaxes e acabouno pagando pois na segunda metade non aguantou o ritmo dos da Serra. Aínda así comezou moi forte e dominou nos primeiros 20 minutos. Ramón tivo unha gran ocasión aos 10 minutos pero marrou só diante do porteiro.

O partido cambio aos 20 minutos. O propio Ramón fallaba un penalti por mans, que detivo moi ben Mosto. E nas dúas xogadas seguintes o Outes se metía 2-0, e mesmo cunha xogada de carambola desas que doen. Un defensa daba un pase atrás ao porteiro algo corto, Samuel despexaba pero o balón petaba nos pés dun Veleiro que a loitou ata o final e o rexeite entraba para dentro. O propio Veleiro, que anda como unha moto e o domingo tamén xogaba cos maiores, facía o segundo un minuto despois deixando moi tocado ao Mazaricos.

De aí ao descanso o Outes dominou pero sen demasiado perigo, mentres que polo bando amarelo Sandelo probaba con boxas xogadas combinando ben con Ferrreiro e Alberto. Na segunda, o cansanzo comezaba a facer mella nun Mazaricos que chegaba con só 12 homes. Foi de novo Veleiro o que facía o 3-0 que parecía sentenciar a eliminatoria ante un cadro visitante que botaba a lingua fóra. Pero o gol de Alex tras un córner a 7 para o final deixa a eliminatoria aberta.

Cabana - Baio (3-1)

  • CABANA: Sergio Aranzubia, Duda, Samu (Dani), Laik, Jonathan (Raul), Moreno, Pablo, Alex Rodriguez (Alex Fraga), Aless, Iván Mato, Cristian Fuentes (Ziño)
  • BAIO: Guille, Pablo, Farruco, Pablo, Kevin, Albertiño (Alex, min.70), Lucas (Ío, min.85), David (Javi de Laxe, min.65), Fachal, Anxo, Cristian (Pazos, min.55), Carlos (Oreiro, min.50).
  • Goles: 1-0, min.25: Cristian Fuentes de volea; 1-1, min.35: Cristian de penalti sobre el mesmo; 2-1, min.55: Pablo tras un despiste da defensa nun córner; 3-1, min.80: Duda tras un córner.

Partido moi igualado entre dous bos equipos, no que o Cabana, máis veterano e con máis experiencia, sacou un resultado bastante positivo. Saíu pechado o Baio que nos primeiros minutos sorprendía á contra ao cadro local. Cristian Ordóñez protagonizaba 3 ocasións clarísimas, entre elas dous mans a mans que Sergio Aranzubía solventou para o Cabana.

Sen embargo foi o Cabana, nunha das súas primeiras chegadas, o que se adiantaría por medio dunha volea de Cristian Fuentes. De contado, o baiés Cristian anotaba un penalti na outra área para empatar o partido e marchar así aos vestiarios.

A segunda metade comezaba máis igualada, máis tranquila. No Baio comezaban a saír os 4 cadetes que comezaban no banco, substituíndo, entre outros a un Albertiño que voltaba trala súa longa lesiónd e clavícula.

O Cabana, co aire a favor, tiña máis o balón en campo contrario, pero o Baio amenazaba sempre con rápidas contras, como unha que remataba cunha vaselina de Cristian Pazos que se marchaba lambendo o longueiro. E tivo que ser a balón parado como o Cabana sacou unha boa renda para a volta, cous dous tantos á saída de sendos córners que a inexperta defensa baiesa non soubo defender.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da Copa da Costa Xuvenil

.

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios