Luns. 26.08.2019
El tiempo

21 establecementos vólcanse na campaña polo comercio local en Laxe

CARTEL DIA DO MERCADO 2019 copia
CARTEL DIA DO MERCADO 2019 copia
21 establecementos vólcanse na campaña polo comercio local en Laxe

En toda a Costa da Morte, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio ten activa ata 26 maio a campaña dos Días Azuis do Comercio Galego. Unha campaña que funciona moi ben na zona, e na as persoas que merquen nos comercios de Laxe, optarán ao sorteo de 16.200 euros en premios.

Pero ademais, a Concellería de Comercio de Laxe está artellando unha nova acción, co gallo do Día do Comercio, que se celebrará este domingo 25 de maio, no marco da Campaña Internacional “Quere o Teu Mercado”, e en colaboración coa Asociación de Comercio “ComerLaxe”.

As persoas que consuman nos establecementos adheridos recibirán un tícket numerado con cada compra. Estes tíckets entrarán no sorteo de 6 vales de compra por valor de 50€ cada un. O sorteo celebrarase nas Oficinas Xerais da Casa do Concello de Laxe o martes 28 de maio ás 12.00 horas. Os premios soamente se poderán gastar nos comercios participantes.

Os 21 comercios da campaña son os seguintes: Floristería Rebeca, Bazar Laxe Hong Fa, Estación de Servizo Santa Rosa, Ferretería Sergio, Súper MM Covirán, Ortopedia Alquimia, Eroski City, Chuchelandia, A Tenda de Inma, Estanco Casa López, A Tenda do Centro, Calzados Martínez, Libraría Torre Penedo, Parafarmacia Alquimia, A Despensa/Nova Despensa, Perruquería A De Lore, Perruquería Azabache, Perruquería María Silva, Perruquería Marey, O Ben Me Sabe, Axa Seguros.

DIA DO MERCADO 2019 Laxe

Novas relacionadas

Comentarios