Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O Atalajazz de Laxe xa ten cartel

O Atalajazz de Laxe xa ten cartel
Levabamos non un, senón dous anos esperando pola súa volta, e xa está aquí. O vindeiro venres 12 de agosto, Laxe convertirase na capital do jazz no noso país. Será a IV edición do evento, que está organizado polo Hot Club de Laxe. Programa A cita celebrarase no seu lugar habitual, no segundo mirador do Paseo Marítimo, fuxindo así de grandes prazas e contaminación lumínica. No cartel estarán Nani García Trío, Xacobe Martínez Antelo Trío, e tamén haberá unha sesión de dj’s. Este ano, o certame estará adicado á memoria de Javier Diego Martínez. Poderemos coñecer máis sobre a súa obra no Café A Ventana de Laxe, onde entre os días 8 e 18 de agosto desenvolverase unha exposición.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios