A coral de Laxe pecha en Benavente a súa xira 2015
07:01 17/11/15
A coral polifónica de Laxe actuou esta fin de semana en Benavente
Despois de varias saídas a Coral Polifónica Municipal de Laxe pechou a pasada fin de semana a súa xira 2015 cunha actuación en Benevente. Durante este ano 2015 estivo presente nos concellos de Noia, Ourense, Valdoviño e Brión en Ferrol e agora en Benavente.
O sábado emprederon a súa viaxe cara Benavente, onde actuaron ás 20:30 horas na XXII Concerto de Outono organizado pola Coral Benaventana en colaboración co concello de Benavente e a Fundación Caja Rural. A coral de Laxe foi a encargada de iniciar o concerto celebrado no Teatro Reina Sofía e no que tamén actuaron outras tres masas corais: Orfeón de Mieres (A Coruña), a Coral Voces de Alfoz - Novales de Cantabria e a Coral Benaventana.
Esta viaxe de fin de semana, estivo organizada pola asociación de Amigos da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe coa colaboración e axuda económica concedida por subvención da Deputación de A Coruña, e ademais da súa actuación, visitaron lugares de interés cultural e patrimonial tanto de Astorga como de León.
Ainda que ésta foi a súa úlima saída do ano, a coral de Laxe actuará o vindeiro 12 de decembro na súa vila dentro do tradicional Festival de Panxoliñas, que organiza, e no que intervirán outras dúas formacións invitadas e que proceden de Noia e Valdoviño.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Laxe