Domingo. 19.05.2024
El tiempo

A mocidade de Laxe descubrirá que Habelas Hainas

A mocidade de Laxe descubrirá que Habelas Hainas
Continúa adiante o programa cultural e deportivo de verán no Concello de Laxe. Hoxe cómpre salientar unha actividade adicada aos máis novos. Trátase das II Xornadas Temáticas para a Xuventude baixo o título de Habelas Hainas. As actividades densenvolveranse esta fin de semana, o venres 22 e o sábado 23. Nesas datas, Laxe vai rendir homenaxe ás tradicións máis enxebres da Galicia rural. I é que segundo comentan dende a organización, “as crenzas na bruxería están continuamente no pensamento dos galegos, tanto no noso vocabulario cotián como nos feitos e nas actuacións”. Dende o Concello explican que as actividades non irán encamiñadas cara os contos ou as lendas, senón que será algo máis real que amose as inquedanzas da xente ante as manifestacións prohibidas. Trátase dunha bruxería de raíces celtas de pobos temerosos da natureza, amantes do saber e patria de druidas, curas e portadores de sabiduría e remedios para curar os males das persoas. Deixamos aquí o programa que artellarán dende a Área de Turismo do Concello de Laxe. Programa Venres 22 de xullo. Todas as actividades desenvolveranse na Praza Ramón Juega.
  • De 11:00h a 13:00h, "Laboratorio espeluznante". Obradoiro para mozos e mozas de entre 5 e 12 anos. Non é necesaria a inscrición.
  • De 17:00h a 19:00h, Obradoiro de maquillaxe e vestimenta. Está dirixido a mozos e mozas de entre 5 e 12 anos. Non é necesaria a inscrición.
  • Ás 23:00h, "Lume". Conta a lenda que cando o ceo está limpo a choiva non molla e a xente sairá a rúa a disfrutar da noite. Cando eso aconteza uns diabólicos trasnos, diaños, meigas e mortos viventes ascenderán do mais profundo do inferno para saltar, gritar, quentar e apuntar a tódalas almas que se acheguen a participar no pasarrúas itinerante que comezará na Praza dos Voluntarios e que chegado á Praza de Ramón Juega, rematará o seu diabólico percorrido de pirotecnia, antorchas, tambores e auga de lume, queimando e mandando ó inferno o peor dos pesadelos do pobo laxense.
  • Ás 00:00h, Queimada e Conxuro popular.  Para asentar as conciencias unha vez chegados a Praza Ramón Juega asistiremos a un espectáculo de lume conservando a mais pura tradición galega pero cun toque de transagresión e innovación. O espectáculo da queimada e o conxuro popular contarán con demos saltaríns, trasgos con lume, un bruxo e unha meiga bailarina que nos deixarán claro que “habelas hainas”.
Sábado 23 de xullo. Todas as actividades desenvolveranse na Praza Ramón Juega.
  • De 11:00h a 13:00h, "A Caza da Meiga". Trátase dun obradoiro para mozos e mozas de entre 5 e 16 anos para o que non é necesario a inscrición.
  • De 19:00h a 20:00h, "Conxuros Sonoros Populares". É un espectáculo musical para todos os públicos.
Dende a organización afirman que o punto forte da programación terá lugar na xornada do venres pola noite. Ademáis animan a todos os veciños e veciñas de Laxe, así como aos visitantes, a desfrutar destas xornadas ataviados con roupas para convertirse en bruxas, demos, trasnos ou druidas durante a noite do día 22.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Laxe, da man de María José Mato.

Comentarios