A mocidade de Laxe descubrirá que Habelas Hainas

09:15 19/07/11

- De 11:00h a 13:00h, "Laboratorio espeluznante". Obradoiro para mozos e mozas de entre 5 e 12 anos. Non é necesaria a inscrición.
- De 17:00h a 19:00h, Obradoiro de maquillaxe e vestimenta. Está dirixido a mozos e mozas de entre 5 e 12 anos. Non é necesaria a inscrición.
- Ás 23:00h, "Lume". Conta a lenda que cando o ceo está limpo a choiva non molla e a xente sairá a rúa a disfrutar da noite. Cando eso aconteza uns diabólicos trasnos, diaños, meigas e mortos viventes ascenderán do mais profundo do inferno para saltar, gritar, quentar e apuntar a tódalas almas que se acheguen a participar no pasarrúas itinerante que comezará na Praza dos Voluntarios e que chegado á Praza de Ramón Juega, rematará o seu diabólico percorrido de pirotecnia, antorchas, tambores e auga de lume, queimando e mandando ó inferno o peor dos pesadelos do pobo laxense.
- Ás 00:00h, Queimada e Conxuro popular. Para asentar as conciencias unha vez chegados a Praza Ramón Juega asistiremos a un espectáculo de lume conservando a mais pura tradición galega pero cun toque de transagresión e innovación. O espectáculo da queimada e o conxuro popular contarán con demos saltaríns, trasgos con lume, un bruxo e unha meiga bailarina que nos deixarán claro que “habelas hainas”.
- De 11:00h a 13:00h, "A Caza da Meiga". Trátase dun obradoiro para mozos e mozas de entre 5 e 16 anos para o que non é necesario a inscrición.
- De 19:00h a 20:00h, "Conxuros Sonoros Populares". É un espectáculo musical para todos os públicos.
Novas relacionadas
- Laxe prepara un verán pirata en verso.
- A Asociación de Minusválidos O Peñón de Laxe acolle unha exposición solidaria.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Laxe, da man de María José Mato.