Venres. 26.04.2024
El tiempo

ADEGA convoca unha xornada de extracción de invasoras en Traba

Cartaz Eliminación Traba-CaixaBank-12 de 2022 copia
ADEGA convoca unha xornada de extracción de invasoras en Traba

Tralo seu acordo con Caixabank, a primeira acción que a ADEGA propón no marco do proxecto de Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte será en Laxe. Trátase dunha acción de eliminación de flora invasora do Complexo Húmido de Traba, no concello de Laxe. Será o sábado 12 de marzo, en horario de 10:30 a 17:00h.

Na actividade vaise eliminar flora exótica invasora que pode chegar a ser un perigo para as especies ameazadas do espazo natural. Será unha xornada de mañá e tarde, adicando a xornada matinal a recoñecer as invasoras e proceder á súa eliminación. Na sesión de tarde realizarase unha ruta polo espazo natural protexido de Traba para descubrir os seus valores naturais e paisaxísticos.

As prazas son limitadas e é preciso inscribirse a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ao 616 23 80 60.
O voluntariado asistente terá cubertos os gatos de manutención e contará cos seguros correspondentes.

Comentarios