Xoves. 28.03.2024
El tiempo

ADEGA descúbrenos a biodiversidade da Lagoa de Traba

Cartaz Bioblitz_Traba_CaixaBank_DEF
ADEGA descúbrenos a biodiversidade da Lagoa de Traba

Xa estiveron hai un par de semanas pero queren voltar. A Asociación ADEGA vén de convocar unha actividade aberta de descuberta da biodiversidade do complexo húmido de Traba, en Laxe. A cita será o martes 22 de marzo, en horario de 10:00 a 17:30h.

Na actividade, no marco do acordo con CaixaBank vaise levar a cabo un BioBlitz ou Descuberta de Biodiversidade, unha acción de divulgación e coñecemento da fauna e a flora da contorna da zona húmida. Será unha xornada de mañá e tarde, dedicada a recoñecemento e descubrimento da biodiversidade na que se realizará un roteiro, iranse anotando e inventariando todas aquelas especies que se atopen.

Esta actuación dá continuidade a un traballo comezado hai uns anos en colaboración co Departamento de Botánica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, coa creación das Microrreservas de Flora da Costa da Morte.
As prazas son limitadas e é preciso inscribirse a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ao 616 23 80 60.

Relacionados

Comentarios