Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG de Laxe acusa ao PP de mentir tras autorizar o peche do Campo do Escaravello

Campo Escaravello valado
Así está valado o Campo do Escaravello
O BNG de Laxe acusa ao PP de mentir tras autorizar o peche do Campo do Escaravello

Este verán saltaron as alarmas cando aparecía valado o Campo do Escaravello. O Concello de Laxe aseguraba en pleno que os propietarios non tiñan licencia para instalalo, ao tempo que aseguraban estar en proceso para intentar recuperar parte deses terreos claves para o desenvolvemento da vila.

Hoxe xoves volve haber pleno e dende o BNG atacan con dureza ao goberno popular ao acusan de “mentir” o equipo de goberno trae na orde do día unha proposta para acordar a recuperación posesoria e requirir a retirada do peche do terreo municipal sito en Montillóns, o nome formal do Campo do Escaravello.
Supostamente abríuse ese expediente como consecuencia do peche da parcela, en parte en solo municipal, realizado este verán por parte dos colindantes, que levan anos solicitando un deslinde, e que impediron o aparcamento de coches e caravanas nese espazo público.

Pero segundo o BNG o grupo de goberno mentíu na xestión. Xosé Manuel Pose Lema asegura que, tras analizar a documentación, o propietario si conseguira “un título habilitante para realizar o valado, informado favorablemente polo mesmo enxeñeiro técnico industrial, que exerce de asesor técnico urbanístico”. “Por tanto, o asesor urbanístico e o alcalde xa sabían hai tempo que existía unha solicitude para pechar todo o campo do escarabajo, e silenciaron o asunto, calaron a boca, e agora a poucos meses das eleccións, por razóns que deberán explicar, pretenden recuperar a posesión da parcela que deixaron pechar”, critica Pose Lema.

O voceiro do BNG critica que o goberno “demostre unha total incompetencia e unha incapacidade manifesta para solucionar un problema creado polo propio PP nos anos 90 e polo actual alcalde.

Comentarios