Mércores. 14.04.2021
El tiempo

O BNG de Laxe pregúntanse por que o Goberno non soliticou a subvención da Deputación para un técnico de turismo

O BNG de Laxe pregúntanse por que o Goberno non soliticou a subvención da Deputación para un técnico de turismo

Anunciábamolo esta semana, só 5 concellos da comarca quedaron sen subvención da Deputación para a contratatación dun técnico de turismo: Cabana, Santa Comba, Laxe, Mazaricos ou Coristanco. Unha situaciónque estrana, e moito, no seo do BNG de Laxe, un concello no que o turismo é fundamental.

”Por primeira vez en moito tempo, o goberno do PP de Laxe non solicita esta subvención, a pesar de ser o noso concello un concello de interés turístico debido á afluencia de visitantes, os atractivos turísticos do destino e os servizos públicos dispoñibles, así como contar cun PMIT (Punto Municipal de Información Turística) que casi sempre funcionou no verán grazas a esta subvención da Deputación da Coruña”, sinala dende un BNG “atónito” tralo voto en contra do PP á súa moción contra os parques eólicos na zona dos Penedos.

”Preguntámonos cales son os motivos polos que a Concellería de Turismo non solicitou dita subvención, o que ao noso xuízo representa unha falta total de interés pola materia, cuestión que xa se veu reflexada na paralización do pioneiro e único proxecto de desestacionalización do turismo na Costa da Morte e mesmo na Galiza, o proxecto reLAXEse, nun principio 12 meses 12 temáticas turísticas distintas e posteriormente 4 estacións 4 temáticas turísticas distintas con actividades practicamente todas as fins de semana do ano, emprendido polo noso portavoz municipal Xosé Manuel Pose á fronte de Turismo Laxe na anterior lexislatura e que contaba para o novo goberno co apoio da Deputacion da Coruña, ou o propio abandono exterior no que se atopa o propio PMIT cos vinilos decorativos deteriorados ou o zócalo exterior de madeira bastante abandonado”, valoran.

Novas relacionadas

comentarios