Venres. 26.04.2024
El tiempo

Caietano será de novo o efímero protagonista do entroido social de Laxe

Caietano será de novo o efímero protagonista do entroido social de Laxe

Un dos protagonistas nos últimos anos do entroido costeiro vive en Laxe. O Caietano deixará o bar para convertirse en alcalde, e acabar no cadaleito. Todo ocorrirá este domingo 19 de febreiro. Un Entroido popular que inclúe a participación das asociacións de veciños, como son AAVV San Antonio de Aprazadoiro, Amas de Casa de Laxe, Asociación de Naies e Pais, Asociación de Teatro Folerpas e Banda de Gaitas Maruxía, o que lle dá un tono máis achegado á xente.

Seguindo o costume a xornada comezará ás 16.00 horas coa reunión de disfrazados diante da Casa do Concello. Nese momento, desde o balcón da Alcaldía, o Caietano lerá o pregón inaugural. A continuación, sobre carruaje tirado por póneis, o Cayetano, anfitrión das nosas festas, convertido en Alcalde por un día, iniciará un pasacalles de Entroido pola vila.

Durante o percorrido o novo Alcalde irá acompañado por varias comparsas locais e tamén por Troula Animación que presentará o espectáculo "O Mundo do Circo" composto por charanga, zancudos, monociclo, malabaristas, pallasos, etc. Contaremos tamén coa presenza de moitos veciños e veciñas de Laxe, que, cos seus disfraces e ganas de festa achegarán grandes doses de ritmo e cor.

Chegados á Praza Ramón Juega actuarán as comparsas previamente inscritas. A continuación terán pasarela de disfraces para todas as idades. Farán un breve xuízo ao pendencioso Caietano e rematarán a festa cun gran baile de disfraces pensados para todos os gustos musicais.

Inscrición e reunión

Co fin de preparar o tradicional pasarrúas de disfrazados, todos os interesados poden inscribirse no Concello, así como poderán participar nunha xuntanza organizactiva o venres 17 de febreiro ás 21.00 horas no Salón de Plenos.

Novas relacionadas

Outros entroidos da Costa

Fonte

  • Concello de Laxe.

Comentarios