Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Os pinchos serán, unha vez máis, os protagonistas do entroido muxián

Os pinchos serán, unha vez máis, os protagonistas do entroido muxián

Muxía xa non falta á súa cita coa Ruta dos Pinchos. Cada vez que hai ocasións festexeira, Pinchos que te paríu. E se a fórmula funciona, hai que seguir con ela. Así, as fins de semana dos 18 e 19, e 25 e 26 de febreiro, 15 establecimentos da vila farán corren polas barras os seus ricos pinchos. Estes serán os: El Riojano, O Xardín, O Cordobés, O Picoteo, O Dorna, O Coral, Don Quijote, Casa dos Congrios, O Porto, O Wimpe, A de Loló, A Vinoteca Lorena, O Prestige, O Chocolate e a Cafetería Galicia.

Iso si, será unha ruta de degustación, non un concurso e as persoas que participen percorrendo os bares da ruta poderán optar a unha cesta de produtos de entroido (cachola, chourizos, grelos, etc…) que sorteará o Concello de Muxía. O horario de degustación será de 13:00h a 15: 30 horas.

Algo máis que pinchos

Ademais, o sábado 18 de febreiro,ás 16:45h terá lugar a concentración de disfraces e comparsas no Cabo da Vila, que rematará coa Gran festa de entroido no polideportivo, con concurso de disfraces e comparsas , degustación de orellas e filloas, música e baile, amenizado por Manolo Delfín.
E para contribuir a recuperar a tradición do entroido animamos a todo o mundo a ir disfrazado ainda que sexa cun simple antifaz

O martes 21 de febreiro haberá un Obradoiro de doces e pratos típicos do entroido ( roscas, orellas, etc…) para nenos e nenas a partir de 9 anos ( de 16 a 18 horas) no baixo do Edificio de Servizos Múltiples.
Para participar é necesario inscribirse no Concello (981 74 20 01).

O sábado 25 de febreiro celebrarase ás 19:00h o Enterro da sardiña, cunha concentración diante do edificio de servizos múltiples e percorrido do cortexo fúnebre pola vila. Queima da sardiña na rambleta e gran chocolatada e música con Xaramiños do Corpiño.

Novas relacionadas

Outros entroidos da Costa

Fonte

comentarios