Venres. 04.10.2024
El tiempo

Comeza a segunda fase da dragaxe do porto de Laxe

Embarcacion de fondeo hoxe xa no porto de Laxe
Embarcación de fondeo hoxe xa no porto de Laxe
Comeza a segunda fase da dragaxe do porto de Laxe

Arrincaba hoxe a segunda e defintiva fase das obras da dragaxe do porto de Laxe, unha demanda histórica de toda a vila mariñeira. Trala positiva primeira fase realizada durante 2020, as embarcacións volvían ao peirao, para realizar unha primeira retirada de áridos nos fondeos na zona.

A partir de aí intentarase recuperar o calado no interior da dársena, coa eliminación da zona rochosa do fondo mariño e intentar así mellorar os problemas de operatividade producidos pola onda longa.

As previsións de Portos de Galicia establecen que a continuación e ata final de mes se procederá á montaxe das pontonas desde as que se procederá á perforación da zona rochosa. Finalmente, a partir da primeira semana de maio poderán iniciarse as perforacións desde esas tres pontonas que traballarán na zona.
A dragaxe realizarase principalmente á cota -5, excepto nunha franxa próxima ao peirao da lonxa que se realizará á cota -3.

A Xunta non pon prazo de execución e só fala de "varios meses" de traballos.

Historia sobre a dragaxe de Laxe

Comentarios