xoves. 14.11.2024
El tiempo

O Día da Árbore, un agasallo para o Bosque da Insua

Proxecto Landras bota a andar 2024 2
Plantando carballos no bosque da Insua no marco do proxecto Landras
O Día da Árbore, un agasallo para o Bosque da Insua

O 21 de marzo, día da Árbore, a Asociación Contramínate, co seu “Proxecto Landras” de reforestación e educación ambiental, van celebralo cunha plantación de especies autóctonas.

Como sempre, contará coa cativada do CPI Cabo de Area, e este ano estará tamén presente a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, e a Xefatura Provincial do Patrimonio Forestal, xunto con representantes municipais, do centro educativo e da nosa asociación. 

"Esta acción simbólica busca concienciar a infancia, familia, institucións locais e resto da veciñanza sobre o coidado da natureza e dos nosos ecosistemas", explican dende a entidade. "Consideramos fundamental lembrar a importancia das fragas, xa que evitan a erosión do chan e as inundacións, reducen a contaminación posto que consumen o CO² da atmosfera, así como o efecto invernadoiro".

Entre outros, os actos consistirán na introdución de pequenas plantas ademais dalgunha especie frondosa de gran tamaño, cunha breve charla informativa e mais unha exhibición do equipo contra incendios da man da brigada forestal. 

Mediante celebracións coma esta, co impulso da Xunta e do Concello de Laxe, o proxecto quere "destacar a riqueza forestal, sensibilizar sobre o coidado e a conservación dun espazo de lecer para a nosa vila, o bosque da Insua, que se enriquece desde o ano 1979 grazas ao empeño posto en protexelo".   

Máis novas

Comentarios