Proxecto Landras: Invitan a toda a veciñanza a participar na primeira plantación escolar no Monte da Insua

Esta semana arrinca no bosque da Insúa as xornadas dedicadas ao Proxecto Landras. Un proxecto que revive gracias á Asociación Contramínate e que este ano conta coa achega do persoal da Consellería de Medio Ambiente, que preparou o terreo para a plantación.
Os grandes protagonistas serán os rapaces e rapazas do CPI Cabo da Area e do Concello de Laxe, que serán os que continúen espallando pequenos exemplares de árbores autóctonas, para crear na Insua un bosque atlántico auténtico.
O xoves 1 de 1:00h a 12:30h sern os peques de Educación Infantil os que fagan a plantación, mentres que aos de 1º e 2º de Primaria tocaralle o venres 2 no mesmo horario.
Dende Contramínate convidan a toda a veciñanza e colectivos a acompañar nesta actividade, na que alén das actividades educativas e da plantación de 80 árbores, servirá tamén para limpar o piñeiral de lixo e plásticos.

HISTÓRICO DO PROXECTO LANDRAS
- Xaneiro 24: O Proxecto Landras revive a Carballeira da Insua.
- Xuño 23: Laxe recuperará a súa futura carballeira na Insua.
- Maio 2023: Denuncian a destrución da plantación colectiva de árbores autóctonas na Insua.
- 2021: Proxecto Landras: O Cole que planta o bosque autóctono do futuro.
- 2017: A futura carballeira escolar de Laxe.