xoves. 08.05.2025
El tiempo

Especialistas analizan o valor ecolóxico da Lagoa de Traba con Senda Nova

Especialistas analizan o valor ecolóxico da Lagoa de Traba con Senda Nova
Xornadas de Senda Nova sobre a Lagoa de Traba

Non para a xente de Senda Nova de armar novas iniciativas que fomentan a concienciación medioambiental. A vindeira será arredor da Lagoa de Traba, un recuncho protexido. Serán unhas Xornadas de interpretación da lagoa de Traba, artellado co gallo do Día Internacional dos Humidais e que se integran na programación do II Inverno Ancestral.

Unha cita que pretende dar a coñecer un dos paraxes máis espectaculares e virxes de Bergantiños: Traba. Dende o punto de vista da lagoa, a grandísima importancia ecolóxica do espazo e todo o que representa o lugar.

Completa fin de semana

No sábado 31 e a partires das 16:00h, terá lugar no Local Social de Traba, as intervencións de David Allo, que nos falará da “Importancia ecolóxica do humidal de Traba"; José Luís Rabuñal: “Ornitoloxía nos humidais de Bergantiños e o persoeiro local Manuel Anxo Álvarez que nos achegará unha visión da lagoa dende o punto de vista de Traba. O domingo día 1 ás 10:00h terá lugar a saída ao medio. Achegarase á lagoa para distinguir diferentes especies de aves a través dos equipos ópticos da asociacón. Posteriormente e segundo a climatoloxía, percorerrán nunha pequena ruta de sendeirísmo, o litoral de Traba.

Historias de inverno

Ademais, lembran que este xoves día 22 de xaneiro, as HISTORIAS DE INVERNO seguen en Oza. No seu local social teremos como narradores a José Lista e Darío Barreiro, será a partires das 19h.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios