Laxe abre as portas da natureza
08:29 23/10/15
A praia de Traba foi o lugar elixido para realizar unhas xornadas de educación ambiental
O auxe do deporte na natureza fixo que o concello de Laxe levase a cabo durante semana varias actividades dirixidas a determinados colectivos sociais, que en ocasións fican excluídos de tales iniciativas, co fin de que tivesen a oportunidade de descubrir o valor e a importancia do medio natural nunhas xornadas de educación ambiental deseñadas por Benquerenza. Ésta é unha empresa de recente creación e que está especializada na divulgación do patrimonio natural e cultural e que na actualidade desenvolve un ambicioso proxecto de posta en valor da paisaxe na Costa da Morte.
O escenario escollido foi Traba, concretamente o paseo de acceso ao areal dende a aldea de Mórdomo, onde as infraestruturas facilitan a accesibilidade de todos os públicos a un dos espazos con maior biodiversidade da zona. Deste modo e nun percorrido de menos de un quilómetro, os asistentes recoñeceron todo un universo de vida coa súa complexidade e excepcionalidade, a conformación de todo un ecosistema diverso e a existencia de curiosos moradores, dende pequenos animais ata plantas en perigo de extinción.
Membros da asociación Integro e da asociación de minusválidos O Peñón de Laxe foron algúns dos participantes destas xornadas.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta)
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.