Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Laxe despediu os ‘PequeCampamentos’

Pequecampamentos Laxe 2
Laxe despediu os ‘PequeCampamentos’

Laxe clausurou este martes a cuarta e última quenda dos ‘PequeCampamentos’ de verán organizados por D’Troula en colaboración co Concello. Esta proposta formou parte dun conxunto de actividades de conciliación durante a época
estival, ofrecendo ás persoas usuarias diversas actividades culturais, deportivas e relacionadas co coidado do medio ambiente.
Nesta edición participaron un total de 18 nenos e nenas, aínda que nas tres anteriores a cifra foi máis alta: 35 persoas na primeira rolda, 53 na segunda e 32 na terceira.

Dende D’Troula, entidade organizadora, sinala que as sensacións foron “moi boas en todas as edicións e en todos os aspectos” destacando, ademais, que “todos os rapaces e rapazas xa nos piden repetir porque o pasaron en grande”.

Comentarios