Laxe pégase un gran castañazo
Tradicionalmente a festa do Magosto realizábase coa recollida das castañas e servía tamén como agradecemento polas colleitas existentes. Para festexar esta tradición galega aínda hoxe en día non deben falta-las castañas, nin o viño, nin o lume. Na súa honra o vindeiro sábado, 12 de novembro, dende o Concello de Laxe temos programado festexar o noso particular Magosto popular baixo o título de “O Castañazo”.
A xornada iniciarase ás 16.00 horas no patio cuberto situado diante da Casa do Concello, onde un castañeiro chegado de Ourense nos fará o reparto das Castañas dende locomotora. Ó mesmo tempo poderase disfrutar dunha mostra de artesanía local da man de veciños e veciñas do Concello de Laxe que expoñerán os seus traballos ó público asistente. Ademais das castañas e bebida de balde, cestería, palillo, tallas policromadas, traballos en pedra, etc., o “O Castañazo” contará coa colaboración da Banda de Gaitas Maruxía que, durante as tres horas de duración da festa estará amenizando o ambiente.
Animamos a todas aquelas persoas que teñan ganas de festexa-lo Magosto a que se acheguen a comer castañas, a bailar muiñeiras e a desfrutar das exposicións de artesanía laxense o vindeiro sábado día12 apartires das 16.00 horas.
Máis información cultural
Novas relacionadas
- Mobilización en Laxe para recuperar o servizo de pediatría diario.
- Os dirixentes aprenden o significado da sustentabilidade nas Aulas Costa da Morte.
Fonte
- Concello de Laxe.